“Obradoiro de cómic” na Biblioteca de Portonovo



O pasado venres gozamos na Axencia de Lectura Municipal de Carnota dunha tarde repleta de contos en clave de igualdade, da man de Talía Teatro. Rosa Caramelo, e outras historias é un espectáculo teatral creado a partir dunha serie de contos contos de Adela Turín para lles dar unha volta aos roles e estereotipos de xénero. A historia dos bonobos con lentes, Artur e Clementina e Unha feliz catástrofe, integran esta montaxe, máis que recomendable para desmontar prexuízos sobre actitudes e aptitudes de mulleres e homes.
Contamos en igualdade de Eduvía Xestión Cultura e Lecer S.L., trouxo con Patricia Martínez Rodríguez, á Biblioteca de Pontecesures contos para facer reflexionar ós nenos e nenas sobre temas como a equidade e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a violencia de xénero, a corresponsabilidade e a diversidade social, cultural e funcional.


Pequenos contos con música e obxectos suxerentes na narración.Moita emoción nalgúns contos.

Unha parella de piratas van en busca do tesouro da Pirata Caveira. Ao non ter tripulación, solucionan o problema cos rapaces que asisten ao espectáculo.
Para atopar o tesouro teñen que pasar por diferentes probas e perigos: monstros, serpes….
A música vai aser interactiva por completo.
Xan Perillán recibe un chamada telefónica que lle di que é o agraciado dun premio dunha viaxe a Pernanbuco. Pero , onde queda …?. Numerosas pericias para poder facer unha maleta sen fondo con matices máxicos, clown e monicreques.
A gran cantidade de público asistente, sobre todo infantil, quedouse abraiado desde o principio da actividade ata o final na que levaron unha sorpresa final.
O pasado xoves a Biblioteca Xela Arias festexou de xeito adiantado o Día das Bibliotecas cun espectáculo de cinema e narración oral que foi moi ben recibido polos nosos usuarios, cativos e grandes.
A nosa biblioteca de Chapela escolleu o espectáculo “Cinema marabillas: ver para ler” da xenial artista da narración oral Raquel Queizás, polo éxito que obtivo o pasado ano na Biblioteca Valle-Inclán.
“Cinema marabillas: ver para ler” é un espectáculo fantástico e cheo de maxia que atrapa aos espectadores, nenos e grandes, achegándolles os contos clásicos á vez que os descoñecidísimos primeiros filmes do cinema mudo.
Ademáis, a biblioteca preparou un fondo escollido de libros sobre cinema e contos clásicos que estivo presente na actividade.

Pasamos unha estupenda tarde de cinema, celebración e achegamento aos libros.

O sábado día 16 contamos coa actuación do Ilusionista Mago Marco, co espectáculo “Maxia para Soñar”. Un espectáculo donde nenos e maiores puideron disfrutar dun espectáculo sorprendente, no que gozaron e participaron dunha maxia clásica pero adaptada aos nosos tempos, donde houbo aparicións, desaparicións, etc. Sendo o público asistente o principal protagonista.

O grupiño que nos acompañou onte na biblioteca no obradoiro de narración oral. Impartido pola Escola das Utopías, descubriron mediante dinámicas e actividades lúdicas diferentes formas de animación á lectura.

Nenos e adultos pasamos un bo rato desfrutando dos contos e xogos da peregrina máxica.


Séguenos