CONTOS PARA PASALO DE MEDO. Biblioteca de Barro.




Na Biblioteca Municipal de Soutomaior, onte pola tarde tivemos unha morea de contos, moitos inspirados nos nosos libros preferidos dos nosos pequen@s lectores! Cunha coidada montaxe e música ambiental, Pablísimo deleitounos co seu talento.

Un numeroso grupo de nenos e nenas acompañados polas familias disfrutaron da historia de superación de Raio, The Loubican, metade lobo, metade can, que presentou Mircromina títeres este xoves na Biblioteca Municipal.
Unha actividade moi amena que fixo disfrutar a todos os asistentes e ademais puideron coñecer de cerca a Raio.



Brais das Hortas tróuxonos contos “para caghar patatillas”. Eso sí, a golpe de guitarra, charango e moitos instrumentos máis.
Na tarde do mércores 5 de outubro a Biblioteca Municipal Central de Cambre contou coa presenza de Yolanda Castaño. Esta recoñecida escritora bosquexou para o público asistente a súa peripecia profesional, os obstáculos, prexuízos e conflitos que viviu na súa determinación de ser Muller, poeta, en galego e… Polo mundo!
Unha charla moi amena que ilustra a necesaria loita de emancipación feminina desde o celme mesmo da nosa literatura.

Actividade que nun principio estaba programada para 15 asistentes con duración de dúas horas e que, debido a grande demanda houbo que dividila en dúas sesións de unha hora cada unha, dándolle cobertura a un total de 30 asistentes. Este feito non supuxo a pérdida de calidade da actividade. Cada un dos grupos saliu totalmente emocionado coas construcións realizadas. Os monitores apoiaban as súas explicacións con proxeccións que os nenos e nenas ían seguindo coas tablets proporcionadas que despois servirían de mando para dirixir as máquinas.
Contaban con todo o necesario para a elaboración dos robots que se basearon sobre todo en pezas lego e baterías.
Empezaron construindo un caracol ao que lle deron luz e son e, sobre este, elaboraron un ventilador ao que lle proporcionaron movemento.
Resultou ser toda un lección de inxeniería básica e tecnoloxía. Unha defensa das máquinas que teñan como finalidade mellorar a nosa saúde e facernos a vida máis confortable.

O día 5 de outubro tivemos a actividade Ramon Órbita, a dona do tempo. Pakolas contou as aventuras da protagonista coa súa máquina e para iso cantou numerosas cancións a ritmo de rock e, en todo momento, motivou a participación do público.
O mércores 5 de outubro veunos a visitar a Biblioteca Rego da Balsa Atenea de Xarope Tulu cun espectáculo titulado Corochas dirixido á primeira infancia (de 0 a 3 anos) unha mestura de narración oral, manipulación de obxectos e música. Percorrimos diversas paisaxes e coñecimos a varias personaxes moi peculiares.
Grazas a Ler Conta Moito por facernos pasar un momento tan imaxinativo #contosdivertidos #abibliomola #lercontamoito

A Mona Lucy, Leonardo da Vinci ou Neil Armstrong foron algúns dos personaxes que onte á tarde saíron da #máquinadotempo de Teatro Ghazafelhos para compartir a súa historia co público. Con este espectáculo a BPM de Tui abriu a programación do #MesdaBiblioteca.




Séguenos