Obradoiro “Coas mans na masa” na Biblioteca Municipal de Dorneda
A Biblioteca Municipal de Dorneda (Oleiros) acolleu este luns 20 de maio o taller “Coas mans na masa” da editorial Oqo. Partindo do conto de Eva Mejuto “Maruxa” as nenas e nenos puideron crear a súa escena favorita da historia de Maruxa e Pepiño, empregando coma ingredientes principais masa de pan, cores e moita, moita imaxinación.



















O día 16 de maio, para celebrar o día das Letras Galegas, na BPM de Ponteceso acompañounos Alba Farto, co seu taller para que os nosos artistas aprenderan a debuxar letras con moito arte e pasar unha tarde divertida e creativa.






Séguenos