Onde está o vento?
O día 30 de outubro na Biblioteca Municipal de Gondomar representouse o espectáculo de teatro infantil Onde está o vento?. Un espectáculo da Compañía Animar-T para o público infantil.
O día 30 de outubro na Biblioteca Municipal de Gondomar representouse o espectáculo de teatro infantil Onde está o vento?. Un espectáculo da Compañía Animar-T para o público infantil.
Nun ambiente de terror festivo, divertido e máxico…Óscar de Magiaenlamanga fixo rir, asombrarse e pasalo ben con moitos trucos de maxía, clásicos e tamén sorpresivos. O público de nenos/as e as familias estiveron dende o principio pendente e colaborativo con Óscar Fernández que fixo vibrar a todos nun tarde de Samaín moi especial.

O xoves 23 de outubro, aproveitando a data de Celebración do Día das Bibliotecas, desfrutamos da actividade de dinamización nas Bibliotecas coa historia de A Corva.
Cristina levounos de inmediato ao mundo da compoñedora da Estrada, fíxonos rir, participar e, sobre todo, interactuar entre o público. A temática gústou tanto a pequenas, adultas e adolescentes.
Día 24 de outubro de 2025 ás 21:30, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Sabes coser? obradoiro de contos sobre igualdade
da man de Anxo Moure
o 24 de outubro, ás 21:30
Despois de cear, saímos ó patio da biblioteca para recibir a este estrafalario e sorprendente gardador de historias dos bosques e da natureza, que chegou coa súa ciclobiblioteca para contarnos historias da natureza, dos bosques, de seres fantásticos, lendas próximas e historias lonxanas, todas elas falando de igualdade, solidariedade, amor e fantasía.

Escoitamos, cantamos, saltamos, berramos, bailamos e paseamos na caixa de historias da ciclobiblioteca…e tamén guiamos a bicicleta, non só os seres humanos diminutos, se non tamén os máis grandes.


En resume, pasámolo xenial! E rematamos o día de festa cun pequeno espectáculo sorpresa!
A Biblioteca Municipal da Estrada celebrou o Día das Bibliotecas acollendo a actuación Animaladas, de Teatro Calatrava. Durante o espectáculo, os nenos e nenas asistentes escoitaron, observaron, cantaron, brincaron, bailaron, reptaron e riron, entre outras cousas, pasando o días das bibiotecas entre contos, historias, humor, retos, música e moito máis!

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas cunha visita moi especial!
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia viñeron á biblioteca para gozar dun conto teatralizado moi mariñeiro: “Xan das ondas” 🌊🐚de A Farra.
Pasámolo en grande axudando a Xan e á fauna acuática a limpar o océano de residuos para que as ondas volveran soar libres e felices 🌈🐠
Unha xornada divertida e chea de maxia 💙
Porque nas bibliotecas… as boas historias sempre nos fan navegar!


O pasado venres, celebramos o día da biblioteca co obradoiro creativo de “Contamos con sombras”. Foi unha actividade na que ademais dos contos, os participantes tamén disfrutaron da arte do teatro da sombra creandoas eles mesmos.


Participantes do Obradoiro de Memoria da Biblioteca de Moeche cantando a Rosalía con Jara Ortiz, aos sons da súa voz, con bombo e pandeireta.
Actividade programada como celebración do “Día das Bibliotecas”, o 24 de outubro.

Leo, o león máis aventureiro de toda a selva, volveu hoxe a Carnota para festexar o seu aniversario. Houbo música, xogos, burbullas e unha chea de amigos e amigas para acompañar a Leo neste día tan especial.
A festa de Leo foi todo un éxito!

“A festa de Leo” é unha das montaxes que integran a serie “Aprende con Leo”, unha colección de espectáculos sensoriais para a primeira infancia de Trémola Teatro.

O sábado 18 de outubro O Mago Paco chegou a Carnota cunha maleta chea de sorpresas inimaxinables.
Contamaxias é un espectáculo para público familiar que conxuga maxia e narración oral para espertar a curiosidade da cativada, estimular a imaxinación e fomentar o amor polos libros na infancia.
Foi unha sesión inesquecible, repleta de emocións, contos, xogos, sorpresas, moitas risas e algún que outro susto tamén…
Pasámolo súper!




Séguenos