Bandullos, bochos e faragullas na Biblioteca Central Maria Pita de Cambre


Hoxe, na biblioteca María Pita de Cambre enchimos a alma cos contos de Dani Blanco na que os protagonistas dos seus relatos non paraban de encher o bandullo.


Hoxe, na biblioteca María Pita de Cambre enchimos a alma cos contos de Dani Blanco na que os protagonistas dos seus relatos non paraban de encher o bandullo.
O martes, 24 de setembro, tivemos na biblioteca de Oleiros a Brais das Hortas que trouxo unha maleta chea de contos cos que, máis que tremer de medo, morremos coa risa.
O público desfrutou moitísimo nesta sesión de contos, música e sobre todo moito moito humor. Ata apareceu pola biblioteca a mesmísima Santa Compaña cantando un trap !!!

O mércores 18 de setembro pasou pola nosa biblioteca Paula Carballeira para introducirnos nos contos de medo de bruxas, sapos e curuxas facendo partícipes as nenas, nenos, pais e nais que asistiron á actividade.

O martes 17 de setembro unha xoaniña entra na biblioteca municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos para buscar unhas ás para poder voar. Despois de atoparse con moitos animais do xardín, e algún escapado doutras latitudes, a nosa xoaniña consigue voar grazas aos nenos e nenas e as súas verbas máxicas.
Coa participación de 120 nenas e nenos de 7 e 8 anos, Barafunda acada a atención e participación de todos cun espectáculo moi áxil que os mantén interesados en todo momento na historia desta pequena xoaniña . A satisfación dos asistentes foi grande e quedaron con ganas de volver a velos moi pronto.



Parecera que a mesma Rosalía se materializase na Biblioteca de Moeche para falar da súa vida e de literatura aos participantes no obradoiro de memoria e algún usuario máis no día da inauguración do curso. A artista Helga Méndez na súa espléndida interpretación.
O pasado venres desfrutamos dun bonito espectáculo da man de Manuel, contos maxia, sorrisos e moitas sorpresas .
Ao remate, cociñamos entre todos e todas un pastel de forma máxica que podeimos saborear.
A través dos contos, da maxia e dos xogos poñemos énfase na toma de conciencia de que todxs somos iguais, temos os mesmos dereitos e deberes.
Unha pequena representación dos usuarios e usuarias do Centro de Día achegáronse ata a biblioteca compartindo un bonito momento coa rapazada.
Que ben o pasamos!!!

Aínda que parecía que a choiva non ía deixar que a xente e a xuventude se animasen a desfrutar do espectáculo, este resultou ser todo un éxito. A capacidade que tiveron Os Jalochos para motivar e facer pasar un bo rato, non só á cativada, senón tamén ás persoas máis maiores foi digno de ver. Grazas ao seu conto musicado conseguiron unha gran participación activa do público, dando pé ao baile, á percusión corporal, ao xogo e, incluso, á iniciación na lingua de signos.
Actividade no Ximnasio Ceip SAn Cosme ( 12:00 h )
” Radio Bule Bule con Paco Nogueiras “
O pasado venres, día 30 de agosto, tivemos unha visita máxica na biblioteca. Os cativos pasárono moi ben cos trucos e contos do Mago Paco e, algúns personaxes, como o Capitán Calabrote e unha serpe moi particular que aparecía e desaparecía sempre que lle daba a gana. Quedaron abraiados co truco das madalenas e, tamén, porque despois o mago vendeu cada unha a 5 euros. Isto é un escándalo!!!
En resumo, o Mago Paco sabe conquistar aos máis pequenos e aprecianse as súas táboas no escenario.

Paco Nogueiras estivo o sábado 31 de agosto nos alrededores da biblioteca de Covelo coa sintonía desta peculiar emisora que fixo que pasaramos unha boa e marchosa tarde.


Séguenos