“Os Descontacontos” na BPM de Cedeira “ López Cortón”

O venres 17 de outubro visitounos o avó Carmelo e o seu can Rús co espectáculo o “ Descontacontos” de Galitoon.

O venres 17 de outubro visitounos o avó Carmelo e o seu can Rús co espectáculo o “ Descontacontos” de Galitoon.
Nesta tarde pasamos un rato moi entretido aprendendo. Por medio da narración dun conto foise explicando as cativadas e o público adulto, os sentidos do noso corpo, usando diferentes ferramentas como saquiños, papeis con esencias e as nosas propias mans, fumos aprendendo as sensacións das diferentes texturas, cheiros, gustos…Todo amenizado por un conto que seguindo o fío amosounos un feixe de coñecementos moi interesantes!
Onte día 14 de outubro, visitou a Biblioteca do Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo, BETTY QUEIRO coa súa proposta de atopar o teu camiño. Unha actividade baseada nun conto “podes atopar ou teu camiño” dun grupo de estudantes que atopan seu camiño a través de ideas valiosas grazas a súa curiosidade e creatividade naturais, e aprendendo inglés e galego nunha actividade musical moi divertida e interactiva coa rapazada.
Ao final da actividade os nenos e nenas, todos xuntos, realizaron un debuxo con moito colorido e imaxinación.


Este martes tivemos a ocasión de disfrutar da actividade que levaba por título “Estrebillos”.
María da Pontragha trouxo contos e cancións para xogar coas palabras e as emocións. Historias de pouca volta nas que xogamos co ritmo, coas palabras a través de estrebillos e contos que nos contaban as avoas.
A tarde foi moi entretida e amena, xa que os participantes, tanto cativos como maiores, xogaron e cantaron, con moitas risas e aplausos.

Moitas grazas María por unha sesión tan divertida.

Moito desfrutamos o pasado venres en Carnota con Pablo Díaz e o seu “Cantacontos para bebés”, un espectáculo que combina música en directo e narración oral e que aborda temas e rutinas especialmente adecuadas para a primeira infancia.
Cantamos cos libros da colección “Do berce á Lúa”, bailamos ao son da guitarra e gozamos a mais non poder coas historias do gato lambón e do ratiño Paco.
Pasámolo de marabilla!

Betty Queiro presentou “Podes atopar o teu camiño”, unha historia chea de curiosidade e creatividade que encantou ao público.
As meniñas e meniños (20) acompañadas de persoas adultas (19), asistiron e gozaron lendo e cantando mentres aprendían inglés e galego, nun ambiente alegre e participativo; demostrando que aprender tamén pode ser unha aventura.

Onte día 7 de outubro, visitou a Biblioteca de O Froxel de Arteixo, Antón Ke, presentando “A Gaita Galega”.


Actividade baseada na obra “A gaita galega” de Xoan Manuel Pintos, na que por medio dun conto adaptado da obra e poemas musicados ao ukelele reflexionou cos cativos sobre a importancia do uso da nosa lingua.
O martes, 7 de outubro, desfrutamos con “1 mar de cores” dunha sesión de contacontos e obradoiro sensorial que encantou ás familias de Oleiros.
Un agradable estímulo para os sentidos que puxo en valor en todo momento a nosa relación co medio natural.


Na tarde de onte na B.P.M. de Fene, tanto nenos/as como pais e nais, gozaron duha historia que comeza cun grande desgusto da galiña Xosefina, cando ésta se decata de que na casa de Pepe se usan ovos para facer tortillas; pero nada que non teña solución grazas á axuda da súa amiga a pata. Unha historia na que se traballa a amizade e a empatía.


Séguenos