“4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)” do Mago Teto


O xoves 6 de outubro, a Biblioteca Municipal Os Templarios, acolleu a actividade Contos de Chuches Amil.
Fran Amil ofreceu unha divertida sesión de contos procedentes dos seus disco-libros “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimento”, ilustrada coas súas propias cancións.

![]()
O xoves 6 de outubro contamos na biblioteca con Antón Ke e a súa estupenda actividade de animación lectora poético-artístico-musical.
Anacos da vida e poemas de Rosalía de Castro a ritmo de ukelele e voces infantís.

O día 5 de outubro tivemos a actividade Ramon Órbita, a dona do tempo. Pakolas contou as aventuras da protagonista coa súa máquina e para iso cantou numerosas cancións a ritmo de rock e, en todo momento, motivou a participación do público.
A Mona Lucy, Leonardo da Vinci ou Neil Armstrong foron algúns dos personaxes que onte á tarde saíron da #máquinadotempo de Teatro Ghazafelhos para compartir a súa historia co público. Con este espectáculo a BPM de Tui abriu a programación do #MesdaBiblioteca.



Os nenos e nenas poideron disfrutar o pasado venres 30 de setembro da obra “Asociación de animais solidarios” da compañía Trinke Trinke. A obra achegou ós asistentes os diversos problemas que están a ter os animais por mor da actividade humán, desastres naturais, cambio climático…. Mediante música, contos e diversas historias os nenos e nenas pasaron unha divertida e educativa tarde que para o noso propio pracer foi todo un éxito de asistencia.
Grazas.

Onte, día 29 de setembro na B.P.M. Xosemaría Pérez Parallé comezou o Programa Ler Conta Moito. O primeiro contacontos foi “Coser e contar”, no que Marta Ortiz coa axuda dos obxectos empregados no oficio de coser foi enlanzando unha historia con outra. Foi un espectáculo de música e narrativa no que tamén recibimos pequenas nocións da linguaxe de signos. Pasamos unha tarde divertida na compaña de Marta Ortiz e a súa caixa de costura da que non deixaban de saír historias curiosas.
Moitas grazas pola vosa asistencia!
O venres 30 de setembro tivemos a sorte de que viñeran a nosa biblioteca Damián e Moisés, compoñentes de Solovoz, que nos contaron a historia de como o Príncipe Lourenzo aprendeu a tocar diferentes instrumentes percorrendo todo o mundo.

Foi un espectáculo que combinou ás mil marabillas a narración oral e a música , e que fixo as delicias de pequenos e maiores, que bailamos, cantamos e sobre todo nos divertimos.


O mércores 28 a rapazada pasouno de marabilla coa actividade Habelas hainas. Tendo como telón de fondo as tradicións galegas, a verdadeira protagonista foi a maxia que axudada pola música e uns efectos especias magníficos creou o ambiente ideal para que o público asistente vivise unha tarde chea de emocións e diversión.


Séguenos