Encantadísimos quedamos todos co espectáculo ofrecido por tan grandes profesionais. Os cativ@s asistentes non deixaron de prestar atención nin un só minuto -e os adultos…. tampouco!-. Incluso houbo público que se animou a colaborar cos artistas…
Moi recomendable a función!


Paco Nogueiras inaugurou hoxe a programación do “Outubro, mes da biblioteca” coa presentación en Brión de ”Extra!”, un espectáculo para toda a familia baseado no libro-disco do mesmo título editado por Kalandraka. Ler máis →

Estupendo espectáculo de Chuches Amil en Camariñas. Contos e música de moi boa calidade. Conseguiu crear un ambiente moi animado e participativo, só tedes que mirar a imaxe!. Volveremos a vernos Chuches Amil!
A bandoleira máis temida da contorna, Pepa a Loba, chega á biblioteca de Aldán buscando refuxio. Máis tamén ven chea de contos e fantásticas aventuras.
Grazas a Cristina Collazo e ao seu alter ego, cativos e maiores pasamos unha tarde moi divertida.



O día 29 de setembro, ás 18.30 h, as crianzas asistiron a unha actividade chea de cancións na que tiveron unha participación moi activa e o resultado foi estupendo.

O martes 28 de septembro, na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” de Arteixo, Ian & Elisa trouxéronnos maxia e sombras chinescas usando contos e fábulas como fío conductor facendo que grandes e pequenos disfrutasen dun fermoso e entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación.


Caramuxo Teatro fixo gozar ás e aos máis cativos, e tamén aos seus pais e nais co seu espectáculo Zapatos, onde descubriron todas as historias que os zapatos de tódolos tamaños e cores levan dentro.



Séguenos