Océano para terrícolas nas Pontes


O pasado xoves 19 a biblioteca Enrique Rivera Rouco das Pontes de García Rodríguez tivo a sorte de acoller o Océano para terrícolas de Xurxo Souto. Coas historias do seu libro Contos do mar de Irlanda, achegounos un pouco máis a ese océano descoñecido para nós, xente do interior.
Cantamos con el, rimos e desfrutamos desas historias do Gran Sol, parte importante da nosa cultura galega.
O acto enmarcouse dentro dun programa máis amplio con actividades de homenaxe a Manuel María coas que celebramos as Letras galegas 2016.










O venres 20 de maio, asistimos o concerto “XARDIN DESORDENADO-MANUEL MARÍA ENTRE AMIGOS”, para celebrar a data das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal. Poidemos desfrutar con composicións feitas sobre textos de Cruckemberg, Campo, Cáccamo, Fernán Vello, Pato, Luisa Castro e por suposto non podía faltar MANUEL MARÍA. Acudiron o concerto público adulto principalmente. Execución e posta en escena perfectos.










O venres 20 de maio, dentro das actividades adicadas as letras galegas da Biblioteca de Verín, tivemos a Sarabela Teatro: “Nola e María na Terra Cha”.
Máis de 40 nenos e nenas desfrutaron deste magnífico viaxe pola Terra Cha, terra de Manuel María.


Séguenos