Música Miúda chegou a Cambre para mudar o conto
O pasado martes 30, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre) acolleu o divertido contacontos musical “Cambia o conto“, a cargo de Música Miúda.

O pasado martes 30, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre) acolleu o divertido contacontos musical “Cambia o conto“, a cargo de Música Miúda.


O día 1 de outubro visitounos Betty Queiro coa súa actividade Podes atopar o teu camiño. You can find your way.
Nela cantou e contou unha historia en galego e en inglés, acompañada por Carmen no teclado, na que se puxo en valor a colaboración e se fomentou a creatividade da rapazada.
Onte día 30 de setembro, visitou a Biblioteca de O Froxel de Arteixo, “A Fada Diana” da man de Ariadna Santana. Cun gran despregamento escénico, foron aparecendo personaxes en forma de animais, cunha temática baseada no reciclaxe e a fada diana liderando unha aventura como auténtica salvadora do mundo, acompañada de baile e canticos que fixeron gozar aos usuarios que participaron nalgúns dos contos.


A compañía Tropa de Trapo achegounos a actuación “4 monos” ata a biblioteca municipal Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Catro monos, catro historias para falar como nos relacionamos entre nós e co medio. Relatos para rir, cantar e tamén para reflexionar mentres nos divertimos todos xuntos.




O Mago Marco Pombo visitou a biblioteca municipal Lois Pereiro de Monforte de Lemos co espectáculo “Maxia para soñar” unha actuación a través da cal achega a maxia e ao mundo da lectura.


O martes, 30 de setembro, Ramón ensinounos a crear os nosos propios xogos malabares. Pasámolo moi ben e descubrimos que é unha actividade que, ademais de ser moi divertida, fomenta a paciencia, a superación persoal e promove a socialización.

O pasado luns, 29 de setembro, o Mago Deimi ( de Especialistas Hípica Celta) visitou a biblioteca de Bergondo. Deimi realizou un espectáculo marabilloso onde se combina a ciencia e a maxia.
A actividade, dirixida ao alumnado de 1º da ESO do CPI Cruz do Sar, foi todo un éxito.

Medio centenar de maiores achegáronse esta tarde ao auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego convidados pola Biblioteca Xela Arias de Chapela. Alí asistiron ao espectáculo “Conta miña compañeira”, un contacontos ofrecido pola narradora Lorena Piñeiro.
Historias de vida, coas que festexamos o Día Internacional das Persoas de Idade, co apoio do programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia.
Unha morea de nenos e nenas de Primaria do Vicedo achegáronse ao Vicedo para a presenciar “Contos de Caverna” a cargo de Lila Teatro. Un espectáculo de animación á lectura que fixo as delicias dos nenos e maiores coas historias tan entrañables de Aniceto e Nicasio.



Séguenos