Divertíndose co papel na biblioteca de Carral
A Biblioteca Municipal de Carral acolleu un entretido obradoiro de papiroflexia no que unha vintena de rapaces puideron poñer a proba as súas destrezas e creatividade co papel.
Seguro que repetimos.
A Biblioteca Municipal de Carral acolleu un entretido obradoiro de papiroflexia no que unha vintena de rapaces puideron poñer a proba as súas destrezas e creatividade co papel.
Seguro que repetimos.

Onte mércores, Caxoto trouxo ó salón de actos da ALM de Vilariño en Cambados, un conto no que os nenos e nenas interactuaban co contador. Unha activiadade didáctiva onde daba a coñecer varios dos instrumentos musicais de cultura tradicional galega como a gaita galega ou a pandereta.
O luns sete de outubro chegou a Biblioteca Municipal de Abegondo o espectáculo “Iguais, diferentes”, donde os nenas e nenos aprenderon que todos somos iguais e que temos os mesmos dereitos e deberes. Para iso a través dos contos, os xogos e a maxia, buscando sempre a participación dos máis pequen@s.
O luns 7 de outubro, Pedro Brandariz achegouse á Biblioteca de Portonovo para compartir con nós a súa proposta de Igualdade.

Tanto os maiores coma os cativos estiveron atentos, entretenidos, e bastante participativos tamén.
Temos que rachar cos estereotipos, e Pedro Brandariz puxo enriba da mesa o uso da cor rosa nas nenas e o seu rexeito por parte dos nenos: todos somos libres para poñer as cores que nos fagan sentir ben!
O mago Teto fai un percorrido pola historia da maxia presentándonos a diversos magos e magas e os seus incribles trucos que fan as delicias de maiores e pequenos, co seu característico toque de humor.



O flautista de Hamelín cos ratos fixeron as delicias dos cativos.

Un conto moi divertido no que aprendemos a loitar pola igualdade de xénero
Este martes desfrutamos de moitas curiosidades dun país como China da man de Miguel Cortés. Facendo unha introducción sobre a escritura a longo da historia, centrouse en China, onde partindo dos catro tesouros foi desenrrolando como se escribe alí. De dereita a esquerda, de arriba abaixo, non hai letras si non caracteres…Un mundo moi complexo, pero moi interesante e cheo de maxia, que nos axuda a comprender un pouco máis ese país tan diferente ao noso.

Os nosos intentos
Laura Alonso conseguíu captar a atención dos participantes neste obradoiro poñendo a proba a creatividade de todos/as. Despois de facer unha introdución sobre o mundo dos superheroes cada un dos participantes colleu papel e lápiz para deseñar a súa propia personaxe. Cambre xa ten, agora, os seus superheroes e superheroínas!!

A "Ciencia de Harry Potter" trouxo moita maxia á Biblioteca de Dodro. Unha proposta moi recomendable para todos os públicos que convirte a lectura e a ciencia nun xogo ou descuberta chea de aprendizaxes.


Séguenos