Basílicamente. As marabillosas ideas do señor Basilio con Carlos Coira
Actividade moi divertida na que non falta a maxia e a boa interpretación
de Basilio e Carlos para presentarnos toda clase de libros que podemos atopar na biblioteca.
Actividade moi divertida na que non falta a maxia e a boa interpretación
de Basilio e Carlos para presentarnos toda clase de libros que podemos atopar na biblioteca.
Teatro Calavera achegou ata a Axencia Municipal de Lectura de San Vicente un espectáulo sobre as aventuras do Cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa.

Para finalizar, a rapazada asistente, elaborou unha riquísima brocheta de froitas con chocolate.


O pasado sábado 26 na biblioteca de Bertamiráns os rapaces que se inscribiron no obradoiro impartido por Minia Regos convertéronse por un ratiño en ilustradores profesionais e traballaron divertidos e animados na creación do seu propio álbum ilustrado. Moi recomendable!
O pasado venres en Tirán Sarabela Teatro, con “Isto non é unha caixa”, regalounos un precioso espectáculo. Unha viaxe pola imaxinación acompañado de música e mímica.
Percorremos o espazo, o sol, o mundo, a nube e o vento. Tamén a gran muralla.
Sen dúbida foi moito máis que unha caixa.


O mércores 23 de maio da man do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa os nenos e nenas de Bertamiráns viviron unha aloucada aventura cociñeira que rematou cun postre feito con froita bañada en chocolate. Teatro Calavera conseguiu, sen dúbida, que todos pasáramos un bo rato!
O día 23 tivemos un obradoiro creativo para os máis pequenos, onde os nenos/as puideron tocar, probar, xogar, ensuciarse…mentras descubren texturas, sabores, olores, sons. Unha tarde divertida e amena.

Os Ratos de Lonxedetodo visitaron unha vez máis a biblioteca municipal do Grove para vivir unha nova aventura en compañía da rapazada.

Contos, música e moita diversión para grandes e pequenos.

O sábado 19 os nenos e nenas de Bertamiráns tiveron ocasión, da man de Xandobela, de coñecer e gozar da obra de María Victoria Moreno. Fixéronse expertos en “Mar Adiante” e mesmo visitaron a illa dos paxaros que escaparon da persecución dos homes da aldea, escoitaron os seus cantos e ata fixeron, entre outras cousas, un barco como o de Miguel, o vello mariñeiro. Un éxito!!


O día 18, as nenas e nenos da Arnoia desfrutaron da actividade de Polo correo do vento para celebrar, entre outros actos o Día da letras galegas. Aproveitamos dende a Biblioteca para facer entrega dos premios ao concurso de carteis adicados a María Victoria Moreno.
Foi unha xornada moi entretida e divertida para todas e todos.
O 18 de maio con motivo das Letras Galegas tivemos a participación deste fabuloso grupo “Trinketrinke”. Cunha aventura dos ratos de Lonxedetodo comenzou a actuación pasando polo ciclo da vida e o respeto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo. Moi entretido.



Séguenos