Divermaxia co Mago Paco en Esgos
O venres pasamos unha tarde de libros e maxia da man do Mago Paco, co espectáculo Divermaxia.

Acudiron moitos nenos e nenas, e tamén maiores que participaron dunha actuación chea de maxia e risas.
O venres pasamos unha tarde de libros e maxia da man do Mago Paco, co espectáculo Divermaxia.

Acudiron moitos nenos e nenas, e tamén maiores que participaron dunha actuación chea de maxia e risas.
O día 3 de setembro visitou a biblioteca de Covelo Raquel Galavís. Cos seus cantacontos fixo disfrutar, cantar e bailar a pequenos e maiores. Unha actividade para todos moi amena e participativa.
Onte á mañá os nenos e nenas de Viana do Bolo crearon o seu particular Animalario Fantástico.
Unha actividade onde a imaxinación e o lecer son os protagonistas.


Esta mañá estivo Anxo Fariña na Biblioteca de Muxía, facendo un obradoiro creativo sobre as súas personaxes. Os nenos e nenas aprenderon a debuxar aos ” pelelliños”, e crearon o seu propio pelelliño. Un pracer disfrutar co debuxo en directo de Anxo.



O xoves 25 de agosto as 19:00h acollemos na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas o espectaculo de Luis Vallecillo ” Cantamos un conto na biblioteca” onde os rapaces acompañados dos seus pais disfrutaron participando da actuación cantando e bailando.

Neste obradoiro práctico creamos viñetas e memes partindo de imaxes e novas de actualidade. Coñecimos as técnicas, estratexias e ferramentas contemporáneas para crear e compartir humor gráfico. E xa comprobamos da man de Guitián que non é necesario debuxar ben, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin eso).
O Mago Paco, dentro do programa Ler conta moito, presentou no Concello de Pantón, para os nenos e nenas, o seu espectáculoDivermaxia.



O afamado viñetista Santy Gutiérrez, recoñecido polas súas divertidas e ácidas viñetas diarias no xornal “La opinión de A Coruña“, estivo na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña para facernos partícipes de cales son as pautas básicas para debuxar un cómic. O Obradoiro, dirixido a rapaces de 7 a 15 anos, forma parte das actividades de Ler Conta Moito, programa de dinamización da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Un ano máis Raquel Queizás, a nosa contadora de contos máis famosa, voltou ás piscinas de Verín, dentro do programa Ler Conta Moito da Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coa Biblioteca do Concello de Verín.
A actividade levouse a cabo nas Piscinas Municipais do Concello de Verín, (Bibliopiscina), ás 18:00 horas, do pasado domingo 14, para nenos/as de 3 a 12 anos.

Mariña. Contos nados no mar
Mariña foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar. Agora comparte con nós todas as súas historias con nós e traenos unha mensaxe moi urxente de parte do océano, que o coidemos que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida.

Para refrescar uns días tan calurosos de verán, na Clausura do campamento lúdico- deportivo da Baña cantamos contos con Luis Vallecillo.
Os libros trasládanse ata a Área recreativa Agra de Chans da Baña coa nosa biblioteca ambulante para que o grupo de máis de 60 nenos e nenas puideran gozar do tempo libre, da piscina e da lectura no mes de xullo.
Á primeira hora cargamos as pilas cuns bocatas saudables con productos da terra e do mar, e, a partir das 12:30h cantamos, saltamos, bailamos e contamos contos que a todos e todas nos gustan. Seguir o ritmo de Luis Vallecillo requería de moita concentración e atención para rematar facendo una gran roda combinando exercicios.
Foi unha despedida do mes de xullo estupenda!


Séguenos