O Luns 13 de abril ás 18:30 actuación de cuncarandainas con contos de peto na Axencia de Lectura de Meaño. Contos entretidos que fixeron as ledicias dos máis cativos e tamén dos seus pais.
Os contos tiñan como persoaxes animais e tamén e persoas e unha moralexa para aprendizaxe dos mais cativo.




O pasado 9 de abril os rapaces e rapazas das Pontes eleboraron o seu propio animal fantástico da man das ideas e consellos de Crearte Servizos Culturais.
Celebramos así, aínda que algo atrasados o día la Literatura Infantil e Xuvenil.
Pasámolo moi ben e o resultado foron auténticas obras de arte.
Seguindo coa celebración do mes do libro o pasado venres día 10 de abril contamos na Sala de Lectura de BiblioPazos coa presenza de Alba Bermúdez de Triatreros Grupo Teatro que nos deleitou a todos cos seus contos e historias relacionadas cos alimentos.
Alba mergullounos nun mundo de fantasía no que os animais, a verdura, a froita e as legumes foron as protagonistas.
Durante case unha hora os nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos pasaron un estupendo rato e coñeceron os inconvintes relacionados cos alimentos.
De seguido unha proba do ben que o pasamos con Alba.
O pasado día 8 de abril para celebrar en BiblioPazos tivemos con nos a Avelino González cos seus “Contos literarios”.
Unha hora e cuarto de diversión, risas, humor e historias que fixeron participar ao público moi activamente.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, profesores e uns pouquiños veciños son a proba do ben que o pasamos con Avelino.
Para conmemorar o día do libro infantil e xuvenil a biblioteca levou a cabo unha representación teatral coa participación dos nenos mediante a fabricación dos monicreques por eles mesmos. Coa colaboración da asociación cultural morreu o demo.
A sala de lectura da Biblioteca Municipal acolleu o venres 10 de abril, de 11.15 a 14.00 horas, un taller creativo titulado “A ciencia é divertida”, que foi impartido por Ana Romero Porto “Nita”. Participaron corenta alumnos e alumnas do C.P.I. con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos. Da man da contadora Nita os rapaces escoitaron contos e mais practicaron con experimentos.

O sábado 11 de abril Alba Bermúdez utilizou a comida como fío narrativo, e a través de libros como “La pequeña oruga glotona” de Eric Carle, ou “Coelliño branco” de Xosé Ballesteros e a “La tarta de compleaños” de Lawrence Scimel sobre nenos celíacos. A actividade gustou moito, os nenos e nenas participaron contestando as preguntas da narradora e, como nota curiosa levaron prestados todos os libros que se utilizaron no contacontos.
Nenos e nenas de 5 e 6 anos disfrutaron cos seus profesores dun espectáculo que, entre humor e cancións, promove os hábitos saudables na alimentación a través dos contos e o fomento do uso da biblioteca e da lectura.
O espectáculo encandilou a tódolos asistentes.
s nenos e nenas de Muxía disfrutaron na biblioteca cos contos que trouxo Anxo Moure e o seu Carballo con Botas, actuación correspondente ao programa Ler Conta Moito. Entre risos e xogos escoitaron contos e decidiron “plantarse” contra a guerra, contra o lixo nos bosques e nos mares e contra a fame .
Se queredes saber máis destes contos solidarios podedes entrar na súa web e coñecer o seu proxecto cultural e didáctico:
http://www.contosolidarios.org/


Séguenos