CONTOS AO REVÉS NA BIBLIOTECA DE VILASANTAR

O pasado día 25 de abril os nenos de Vilasantar divertiron na biblioteca cos Contos aos revés de Marcos Pampin

O pasado día 25 de abril os nenos de Vilasantar divertiron na biblioteca cos Contos aos revés de Marcos Pampin
O pasado venres 25 de abril ás 18 horas o escritor Fran Alonso visituo a Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos para falar de poesía. O acto forma parte da programación coa a que a Biblioteca celebrou o DÍA DO LIBRO.
Os asistentes quedaron moi satisfeitos cos poemas, que dun xeito novidoso, recitou o autor.
O pasado Xoves 24 de Abril celebramos no Auditorio do Concello o Día Mundial do Libro cunha nova actividade organizada por BIBLIOPAZOS.
Neste caso contamos coa participación de Fátima Fernández que cos seus “Contos susurrados” transmitiu moitas historias preciosas e estupendas que fixeron as delicias do público presente no auditorio.
Os participantes desta actividade –alumnos de primaria do CPI “Curros Enríquez“ de Pazos e os usuarios de ASPAVI xunto cos seus profesores e monitores acompañantes- permaneceron toda a xornada moi animados e entretidos escoitando os contos de Fátima Fernández, que conseguiu ao longo de toda a actividade que os presentes escoitaran as súas historias en silencio, coas orellas moi abertas e cunha participación moi activa.
De seguido tedes unha pequena mostra en imaxes do que pasou ese día:
Mas información en BIBLIOPAZOS.
O venres 25 de abril, coincidindo coas actividades programadas polo Día do Libro, Manuel Gago, autor de “Vento e Chuvia”, achegou aos asistentes á Biblioteca Central Rialeda do Concello de Oleiros, ao mundo da cultura dos castros, da súa mitoloxía e deuses galaicos. O público asistente estivo moi atento as súas explicacións participando con preguntas e intervindo en moitas ocasións.
O mércores 23 de Abril, coincidindo con día do libro, tivemos na Biblioteca Pública de Maceda pola mañá a Luis con “Animalario Fantástico”. 40 nenos de EP do colexio público de Maceda.
Primeiro proxectoulles dibuxos de animais mitolóxicos, rematada a proxección os nenos/as tiverons que confeccionar dous libros de :”Animalrio Fantásico”
O pasado martes 22 de Abril ás 19:00 h. na Biblioteca Forum Metropolitano, dentro das actividades do Día do libro, desfrutamos do recital de poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba.
“Con dez poemas por barba”, resultou un recital dos poemas máis significativos de Aldao e Lado, no que contaron as suas máis hilarantes experiencias como poetas, riron das súas miserias líricas e cantaron as súas cancións preferidas.
Foi un espectáculo con exito de publico e que soubo emocionar a aqueles que odian a poesía.

Outro grupo de 3º de ESO recibindo as explicacións de como facer un cómic
O día 24 de abril, na Biblioteca M. Xabier P. Docampo, tivemos un segundo obradoiro de banda deseñada con Santy Gutiérrez, dirixido como o primeiro ao alumnado de 3º de ESO do IES Afonso X.
Todos os participantes foron tomando boa nota das ensinanzas de Santy, pois lograron rematar todas as viñetas da páxina. Unha historia distinta, pero tratada tal e como a traballaría un profesional: Un Guión literario, un Resumo da historia e un Guión técnico.
O desenvolvemento do Guión técnico vailles dando as claves que interesa ir traballando: como se deseñan os personaxes, os distintos tipos de planos, colocación dos textos, encadres, onomatopeias, liñas cinéticas, estudos de perspectiva… E ao final, páxina rematada!

Páxinas de cómic con todas as viñetas resoltas
Este grupo sae especialmente motivado e valora de maneira moi positiva a actividade. Resultou realmente excelente.

Alumnado de 3º de ESO con Santy Gutiérrez na Biblioteca
Nas Bibliotecas Municipais de Cambre continuamos con ABRILUSTRADO. O día 24 de abril desenvolveuse outro obradoiro con Santy Gutiérrez, esta vez na Biblioteca M. Xabier P. Docampo e dirixido a alumnado do IES Afonso X.
Entusiasmados na creación do seu propio cómic e aprendendo moitos dos trucos que se utilizan. A través dun Guión técnico vanse adentrando na creación dos personaxes: estáticos, en movemento, de frente, de perfil… Tamén a colocación dos textos é importante, e os diferentes tipos de bocadillos, os textos en off, os encadres, os distintos tipos de perspectiva, as liñas cinéticas…
Así, ata case rematar a páxina… Rematarán na aula e farán máis, pois o profesorado dos dous IES está moi implicado e iso é fundamental.


Segundo Obradoiro de Santy Gutiérrez a outro grupo de rapaces e rapazas de 3º de ESO na Biblioteca Central de Cambre
O segundo Obradoiro de banda deseñada desenvolvido mantén a mesma estructura que o primeiro, pero a historia facilitada aos rapaces e rapazas é outra ben diferente, desta maneira poden compartir logo os dous cómics.
Do que se trata é de espertar o pracer non só de ler un cómic, senón de tamén de crealo, tanto a nivel literario como gráfico.
O deseño dos personaxes, os distintos planos de páxina, os encadres, as perspectivas, a gran cantidade de trucos que se utilizan…
Con este tipo de actividades increméntase notoriamente o préstamo e demanda de cómic na biblioteca.
As enquisas de valoración acadaron un resultado excelente.


Alumnado 3º A do IES David Buján, na Sala de Exposicións da Biblioteca Central de Cambre
Entre a serie de actividades para conmemorar o Mes do Libro, as Bibliotecas Municipais de Cambre temos as solicitadas por Ler conta moito para o noso programa ABRILUSTRADO.
Trátase dunha serie de obradoiros de banda deseñada, para achegar o mundo do cómic a todo o alumnado de 3º de ESO, dos dous IES do Concello. Santy Gutiérrez ofreceu o primeiro obradoiro o 23 de abril. A actividade vaina artellando dunha maneira moi didáctica. Entrega a cada paricipante unha folla que contén un Guión literario, un resumo da historia e o Guión técnico.
A través do Guión técnico vai ensinando e introducindo a propia linguaxe: deseño de personaxes, colocación de textos, deseño das viñetas, tipos de bocadillos, encadres, onomatopeias, liñas cinéticas…
O obradoiro resultou tan atractivo que nas enquisas de valoración, demandábase que durase máis tempo.

Elaborando o seu propio cómic


Séguenos