Contos con ioga na B.P.M. Poio
Actividade relaxante, practicando posturas de ioga coa cativada.Para rematar, coloreamos unhas mandalas.Namaste!
Actividade relaxante, practicando posturas de ioga coa cativada.Para rematar, coloreamos unhas mandalas.Namaste!
O xoves 19 de setembro tivemos bebés na Biblioteca. Paula Regueiro e Lucía L. Golán presentáronnos 3 Que animaliño é?.



“Paula o xilófono púxose a tocar e maxia fixo neste lugar”!
Por arte de maxia van aparecendo unha serie de animais que os máis pequenos recoñecen. Cada un deles trae un agasallo para os/as presentes.
Aparece a Señora Paxaro e trae outro paxaro para interactuar cos máis pequenos.
Logo virá a Señora Peixe, que trae de agasallo un pau de choiva que fai soar… E tamén moitas, moitas pompas e moi grandes…
A continuación a Señora Gatiño, cunha gran bola de lá como agasallo e moitas boliñas pequenos para xogar todos e todas.
Non faltan instrumentos musicais para bebés, para xogar a: arriba, abaixo, rápido, despacio…
Xogos e música para unha tarde fantática.
Remata a actividade cunha canción de despedida pechando o ciclo dos animais: adeus, quen son?…
Paula Regueiro e Lucía L. Golán, moi boas profesionais que logran captar a atención dos máis pequenos en todo momento. Moi recomendable para bebés de 0 a 3 anos.
Iniciación ao ioga para bebés de 1 a 3 anos acompañados das súas mamás.

Onte tivemos a Olga Abad que contou aos peques o conto “O libro esquecido” con teatro de sombras, e cancións.

O día 10 de setembro, estivo na nosa Biblioteca Marisa Irimia co seu conto “A pirata Escarlata”. Contounos un montón de aventuras desta nena aventureira e os perigos que pode encontrar na busca do tesouro, para amosarnos, que o xénero tanto da. E aprendimos a canción do tiburón .


“Güe Güe”
Jorge Rey, a bebé Güe Güe, a lúa, o ratiño, a avoa, o lobo, as ovellas, as ondas do mar e outros personaxes fixeron as delicias dos bebés de Moeche que os contemplaron fascinados, xunto ás súas nais.


O venres 9, visitounos TrinkeTrinke, na ALM de Vilariño, os usuarios máis pequenos da biblioteca foron os destinatarios do espectáculo “Paxariños”. A artista conseguiu atrapar e manter a atención dos nenos e nenas ao longo de toda a obra. Para moitos deles era o seu primeiro contacontos e tendo en conta o ben que o pasaron, seguro que non será o último.

As nenas e os nenos do Punto de Atención á Infancia do Concello de Carballedo disfrutaron moítisimo con unha fermosa viaxe a través dun conto no que viviron múltiples experiencias….

O pasado mércores 31 de setembro tivo lugar na Biblioteca Municipal de Alfoz unha sesión de contos para os nenos da escola infantil na que se integraron a música en directo, contos infantís e expresión dramática. Unha tarde preciosa na que os nenos e nenas de 0 a 3 anos disfrutaron na compaña das súas familias desta actividade.


O pasado venres 19 de xullo as actrices de Sarabela fixeron desfrutar aos nenos e nenas das Pontes co seu espectáculo Isto non é una Caixa. Viaxamos con elas e coas súas maletas ata a Muralla China acompañando á ratiña Sofía. Un pracer para todos e todas pasar a tarde con elas.


Séguenos