29/10/2018



Continuando coas celebracións do Día da Biblioteca, o xoves 25 de outubro visitounos Xiada Sanlés para buscar o vento na Biblioteca Municipal Os Templarios.
Xiada representa a Tareixa, que anda a ver onde está o vento, pois o que máis lle gusta no mundo é xogar cos seus muíños de vento e como non hai vento, deixaron de xirar.
Cunha estructura encadeada, uns personaxes van levando a outros na procura do vento. Tareixa pregunta polo vento primeiro a unha formiga, que non ten nin idea, pero dílle que quizais a flor o saiba. Aparece unha vistosa Flor e tampouco sabe onde está o vento. Dille a Tareixa que seguro o León o sabe… Despois o Rato Suso, a Bolboreta Lareta, o Barquiño, o Peixe Namo…Así ata que se atopa co Paxaro Navarro que a levará ata as nubes e será Nube quen lle explique por que non hai vento.
Con cada personaxe que aparece canta unha canción onde participa o público infantil e adulto, con retrousos pegadizos e sinxelos.
Excelente actividade para ofrecer a grupos de 0 a 3 anos. Magnífica posta en escea, chea de colorido, música, baile, narración oral, coñecemento, ecoloxía…
Os muíños de Tareixa acaban voando…Aparece de novo o vento e cantamos a canción de que todo vai cambiar, a contaminación acabarase e o vento seguirá a soprar…
Xiada Sanlés, extraordinaria profesional e voz prodixiosa.
Séguenos