Charo Pita con Dondondirindonga e Dondondirindón na Biblioteca de Meicende “Antón Castro” (Arteixo)

Bebés (de 1 a 3 anos) e maiores pasárono estupendamente participando de maneira moi activa nesta actividade na que Charo Pita cantou, acompañada de guitarra e de tambor africano, cancións das que tanto a letra como a música son da súa autoría.
Tamén dramatizou O trapiño de Ioké e, mesturando outros contos como Unha eiruga moi larpeira e Pío Pío, teceu unha historia que ten como protagonistas ás campás Dondondirindonga e Dondondirindón e a razón pola que deixan de tocar.























Séguenos