A ÓPTICA DAS ILUSIÓNS na B.P.M. Ánxel Fole de NÓS (Oleiros)

O venres 23 de setembro visitou a nosa biblioteca o mago David Méndez, quen, durante case unha hora, acaparou a atención de todas e todos os asistentes cos seus trucos de maxia e explicacións sobre ilusións ópticas. Cousas que parece que están, pero realmente non son o que parecen, partes do corpo que se multiplican ou desaparecen, obxectos diferentes que visualizamos nunha única ilustración…Nenas e nenos aprenderon que non todo é sempre o que parece.

Foi unha sesión moi interesante e, sobre todo, moi entretida.





CIENCIA EN MOVEMENTO : S.O.S. Á TERRA















Este martes 12 de xullo na Axencia de Lectura de San Vicente tivemos unha sesión científica moi divertida da man de Heroes para a Ciencia.
O xoves 30 de xullo na Biblioteca de Lourenzá pequenos e grandes desfrutaron cos experimentos que lles ensinaron as enormes propiedades da auga, e como hai que coidar o noso planeta.





Séguenos