Telmo Crespo, historiador da arte, a través da actividade que deu en chamarse “Museo nómade” foi o encargado de achegarnos a interesantísima traxectoria artística desta grande pintora, á que este ano Galicia lle adica o Día das Artes Galegas.
Dende a súa infancia en Corcubión e Avilés, a súa xuventude en Madrid onde se relacionou cos artistas e literatos da Residencia de estudiantes, ata a súa participación nas Misións Pedagóxicas, ao tempo que nos achegou os seus viaxes por Europa ou o seu exilio en Sudamérica, sinalando a través deste percorrido as súas diferentes etapas como creadora, e a evolución do seu estilo.
Unha charla moi interesante á que se achegou un público heteroxéneo, coñecedores e seguedores da súa obra e outras persoas que a descubriron coa nosa actividade.
Ao rematar, Telmo convidounos a elaborar xuntos un collage en homenaxe á artista que se pode ver na sala infantil da biblioteca
Séguenos