Obradoiro creativo CIENTÍFICAS MEDRANDO. HISTORIAS QUE INSPIRAN
Obradoiro de aprendizaxe de técnicas para a creación dun libro pop up con contido referido á biografía de varias científicas galegas. Impartido Por Sheila García.

Obradoiro de aprendizaxe de técnicas para a creación dun libro pop up con contido referido á biografía de varias científicas galegas. Impartido Por Sheila García.

Neste xoves, 17 de outubro, estivemos con Andrea Jamardo da editorial Cuarto de Inverno aprendendo de maneira moi didáctica todo o procedemento mediante o cal as ideas acaban transformándose en libros físicos. A rapazada de 6º de primaria do CPI de Pontecesures tamén descubriu diferentes formatos de libros e texturas de papeis. A explicación foi complementada coa reprodución duns vídeos explicativos. Finalmente, os nenos elaboraron historias por grupos. Foron moi divertidas!
Este obradoiro enmarcase nunha xeira de actividades de animación á lectura que terán lugar nos vindeiros días para celebrar Outubro, o mes das bibliotecas.
Proxección do documental acerca da traxectoria profesional do fotógrafo popular galego José Gestal (CARDOÑA) e posterior coloquio cos asistentes para por en valor a profesión deste tipo de fotógrafos que percorreron as nosas vilas e pobos e a importancia de recuperar e conservar os arquivos fotográficos familiares.

O MARTES 1 de outubro, Mª ELENA G. ARCAS fixo un marabilloso taller experimental na Biblioteca de O Froxel “Fco. A. Vidal” – ARTEIXO.
Os debuxos de Castelao cóntannos: “Cousas de Nenos”. Descubrimos a partír da súa arte a nosa historia.


Unha actividade que celebra os procesos migratorios que caracterizan a Galicia de onte e hoxe, a riqueza, a diversidade, o econtro.
Foi todo un éxito de participación.


Hoxe pasou pola Biblioteca central María Pita un profesor de ciencias que ensinou aos rapaces e rapazas a relación que existe entre ciencia e malabares, deixando abraiado ao público asistente.
O pasado venres 27 de setembro os 21 rapaces que se inscribiron neste obradoiro
con Santy Gutiérrez debuxaron a súa propia páxina de banda deseñada aprendendo no proceso os recursos propios da linguaxe do cómic: dende o guión ao debuxo, onomatopeias, liñas cinéticas, planos e encadres, deseño de personaxes, estilos, etc. E todo isto nunha hora chea de diversión!
O pasado sábado 21 de setembro pola tarde celebrouse o obradoiro “Con ciencia de muller” na nosa biblioteca. Unha monitora, caracterizada como científica, presentou de forma lúdica algunhas das científicas galegas máis destacadas, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras, promovendo así a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na área científica e tecnolóxica. Estas presentacións intercaláronse con experimentos sorprendentes, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas. 


O xoves 19, tivemos na biblioteca a visita de Laura Alonso, que amosou como facer unha pequena peza en Stop Motion a partir de debuxos da rapazada que veu probar as súas dotes artísticas. Unha divertida maneira de aprender un pouco máis sobre o mundo da animación.


Parecera que a mesma Rosalía se materializase na Biblioteca de Moeche para falar da súa vida e de literatura aos participantes no obradoiro de memoria e algún usuario máis no día da inauguración do curso. A artista Helga Méndez na súa espléndida interpretación.
O venres 13 de setembro visitounos Paula Carballeira para falar con nós de teatro, de ler teatro e imaxinalo. Arredor da peza “As alumnas”, a súa autora, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, conversou sobre o proceso creativo dunha obra teatral, das mulleres na historia, na educación, de memoria e identidade.



Séguenos