Obradoiro-contada onde cada participante creará a súa propia historia sobre o paradoiro da aviadora Amelia Earhart e coñecerá a vida desta muller adiantada ao seu tempo. Saberás os requisitos para pilotar unha avioneta e construirás o teu propio aparello a través da papiroflexia
O sábado 7 de outubro recibimos a Manuel Vicente na Biblitoeca de Narón. Da súa man aprendemos unha morea de cousas: o que teñen en común os/as científicos/as e os escritores/as de novelas detectivescas, o que hai que saber para ser un bo ou boa investigador/a, a separar o ADN dun ser vivo, a estar atentos/as a todos os detalles do escenario dun crime e… a que tras a cara de boa dalgunha bibliotecaria pode agocharse unha despiadada asasina 🤦
Onte, as nenas e nenos de Oleiros tiveron unha interesante e divertida tarde de xoves co obradoiro Robótica educativa.
Traballon en grupos montando caracois e muíños de arrefriamento con son, luces e movemento!
Actividade superparticipativa!
Alumn@s de 2º e 3º ciclos do C.E.I.P. de Moeche pasaron un bo anaco da mañá do día 29 de setembro aprendendo a redactar, locutar, gravar e editar un podcast. Con técnicas de locución, teatro e dobraxe. Lectura inerpretativa, modulación de voz, vocalización e locución. Todo o cal lles resultou do máis interesante e ameno.
Os participantes do obradoiro de memoria da Biblioteca de Moeche, o día 15 de setembro gozaron da proxección do documental “Cardoña, fotos a 7 pesetas”, que os transportou aos anos da súa xuventude, o que deu lugar a un animado coloquio posterior no que xurdiron as lembranzas de xuventude e rememorando datas sinaladas e divertidas anécdotas e chascarrillos. Unha tarde para lembrar.
Os nenos e as nenas que participan nun campamento de verán achegaronse a biblioteca para realizar diversos experimentos. A actividade foi moi participativa e pasarono en grande.
O dia 19.08.2023, a pesares das condicións climáticas desfavorables que impediron a realización da actividade ao aire libre; xuntáronse na Nave do Concello, un grupo de nenos/as xunto cos adultos, dispostos a aprender as técnicas de creación de pinturas naturais; e o máis interesante, a poñelo en práctica coa realización dun Mural onde quedaron reflexados os coñecementos dese día e a aposta pola igualdade que se fai dende este Concello e esta Axencia de lectura de Parada de Sil
O Mago paco achegouse onte día 2 de agosto ata Irixoa para facerlle maxia aos nenos/as que participan nun campamento de verán. A través de historias e xogos de maxia traballou as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados. Traballou a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo.
Séguenos