Xosé María Díaz Castro: poesía galega da paisaxe

O poeta e narrador Xesús Manuel Valcárcel López visitou a nosa biblioteca para falarnos de Xosé María Díaz Castro. Grazas a el aprendimos a valorar aínda máis a figura deste poeta lugués.

O poeta e narrador Xesús Manuel Valcárcel López visitou a nosa biblioteca para falarnos de Xosé María Díaz Castro. Grazas a el aprendimos a valorar aínda máis a figura deste poeta lugués.
O 6 de maio a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organizou un obradoiro da man de Xosé Tomás Díaz Teijo que fixo un obradoiro de banda deseñada para nenos da ESO, na que lles ensinou os principios básicos do cómic e despois levárono á práctica coa elaboración dunha viñeta.
Obradoiro creativo con Xosé Tomás, o 10 de maio, na Biblioteca de Betanzos. Os nenos/as da comarca mergulláronse no mundo do cómic.

Xosé Tomás móstranos os diferentes formatos de publicacións
Xosé Tomás tamén estivo hoxe na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo.
Tras un percorrido histórico adentrounos no mundo da banda deseñada. Ista é a denominación que el propón e non a de cómic, pois o importante nesta linguaxe é comunicar, comunicar con imaxes, independentemente da temática que trate.
Foinos mostrando un paralelismo entre o cine e a banda deseñada, os diferentes planos, as elipses, as variedades de viñetas e bocadillos…
Para rematar mostrounos os orixinais da súa novela gráfica Nómades, algo que se agradece sempre, pois non é doado ver orixinais.
A actividade foi moi ben valorada e con gañas de estar máis tempo.

Orixinais e libro impreso, sempre resulta atractivo

Xosé Tomás adéntranos no mundo da banda deseñada
Hoxe tivemos a sorte de contar na Biblioteca Central de Cambre co ilustrador e debuxante Xosé Tomás.
Falounos das diferentes acepcións da palabra cómic nas distintas línguas e concluiu recomendando a utilización de “banda deseñada”, pois efectivamente a súa temática non ten necesariamente que ser de humor.
Fixo unha pequena evolución histórica da banda deseñada para introducirnos na súa linguaxe: a importancia dos silencios, os globos ou bocadillos, os deltas, as liñas cinéticas, as diferentes formas de viñetas…
A actividade resultou moi interesante e Xosé Tomás moi ben valorado. A única suxestión: dispoñer de máis tempo.

Traballando as viñetas

A linguaxe da banda deseñada esperta curiosidade entre os asistentes
O segundo Obradoiro da Biblioteca Os Templarios tivo como protagosnista a un marciano, Xaime Asteroide.
Agora trátase de naves espaciais, alieníxenas e universos fantásticos.
Con esta historia de fío conductor, ímonos adentrando nunha liguaxe propia: a do cómic.
Como se crean os personaxes, as diferentes posturas e situacións, de pé, sentado, correndo, rindo…
Os trucos, as perspectivas, os diferentes puntos de vista, os planos, as viñetas, bocadillos…
Rapaces e rapazas moi creativos que fixeron unha valoración excelente da actividade.

Implicados na creación da súa propia páxina

Santy Gutiérrez da as pautas para crear un SuperCoello
Continuamos nas Bibliotecas Municipais de Cambre cos Obradoiros de Banda Deseñada. Hoxe tiveron lugar na Biblioteca Os Templarios.
Santy Gutiérrez comeza desmitificando tópicos, pois a historia que lles proporciona ten como protagonista un coello. Explica como aínda que a primeira vista podería parecer infantil, non ten porqué.
Moi importante é o deseño do personaxe. Van aprendendo unha serie de claves ata crear un Coello Superheroe.
Ao longo do obradoiro vaise descubrindo a linguaxe do cómic: liñas cinéticas, textos en off, onomatopeias…
Actividade moi ben valorada coa que se pode aprender e pasalo ben.

Creando a súa propia páxina de cómic
O pasado venres 25 de abril ás 18 horas o escritor Fran Alonso visituo a Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos para falar de poesía. O acto forma parte da programación coa a que a Biblioteca celebrou o DÍA DO LIBRO.
Os asistentes quedaron moi satisfeitos cos poemas, que dun xeito novidoso, recitou o autor.
O pasado martes 22 de Abril ás 19:00 h. na Biblioteca Forum Metropolitano, dentro das actividades do Día do libro, desfrutamos do recital de poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba.
“Con dez poemas por barba”, resultou un recital dos poemas máis significativos de Aldao e Lado, no que contaron as suas máis hilarantes experiencias como poetas, riron das súas miserias líricas e cantaron as súas cancións preferidas.
Foi un espectáculo con exito de publico e que soubo emocionar a aqueles que odian a poesía.

Alumnado de 3º de ESO con Santy Gutiérrez na Biblioteca
Nas Bibliotecas Municipais de Cambre continuamos con ABRILUSTRADO. O día 24 de abril desenvolveuse outro obradoiro con Santy Gutiérrez, esta vez na Biblioteca M. Xabier P. Docampo e dirixido a alumnado do IES Afonso X.
Entusiasmados na creación do seu propio cómic e aprendendo moitos dos trucos que se utilizan. A través dun Guión técnico vanse adentrando na creación dos personaxes: estáticos, en movemento, de frente, de perfil… Tamén a colocación dos textos é importante, e os diferentes tipos de bocadillos, os textos en off, os encadres, os distintos tipos de perspectiva, as liñas cinéticas…
Así, ata case rematar a páxina… Rematarán na aula e farán máis, pois o profesorado dos dous IES está moi implicado e iso é fundamental.



Séguenos