Kontos de Akí e de Akolá na B. P. M. de Vilagarcía de Arousa
A actividade realizouse o 16 de maio ás 10 horas, en conmemoración do Día das Letras Galegas. Marisa Irimia contounos historias doutros tempos e doutras falas.
A actividade realizouse o 16 de maio ás 10 horas, en conmemoración do Día das Letras Galegas. Marisa Irimia contounos historias doutros tempos e doutras falas.
A actividade de “Contos para bebés”, a cargo do grupo Pavís Pavós, realizouse o sábado 25 de maio. Pavís Pavós contou pequenas historias que falan de cousas cotiás enlazadas con ditos e cancións tradicionais. Algún conto foi narrado en inglés e os asistentes puideron disfrutar dun xoguete tradicional.
Actividade na que a Duende “DADA” deleitou os presentes cun repertorio de contos nos que os protagonistas eran unha serie de animais, entre eles o tan coñecido “lobo”. Con esta divertida actuación os nenos aprenderon a respetar a natureza e o amor polos animais, finalizando con unha canción moi xinxela en lingua africana, na que participaron todos:
Paké tume tume papa paké tume tume pá
Tutué tutue tata tutué tutue tá …
Participaron os alumnos do Colexio Pablo VI-Fátima do Concello
Actividade desenvolta no marco do programa de celebración da semana das “Letras Galegas “
Actividade na que Manuel Solla mediante un libro “Pop Up” foi relatando o conto da “princesa labios de fresa” de seguido algúns nenos voluntarios deron vida os persoaxes do conto-en forma de teatro exprés- dirixidos polo animador. Os nenos quedaron moi intrigados co número de maxia, na que mediante a concentración e as palabras máxicas “ABRACADABRA” de todos os participantes, podian facer desaparecer e de novo aparecer as letras e as imaxes do libro, primeiro en branco e negro e para terminar a toda cor.
Participaron alumnos do Colexio Pablo VI-Fátima do Concello
Actividade desenvolta no marco do programa de celebración da semana das “Letras Galegas”
No día do libro pasamos unha tarde divertida cos “Contos de sobremesa” de Pablísimo, cos seus contos breves cheos de elementos visuais que acompañan as historias, fixo que nenos e adultos disfrutaran dun bo feixe de narracións algunhas coñecidas e outras non tanto.
Actividade na que o escritor Xosé Carlos Caneiro foi recitando os seus poemas de amor acompañado polo son dos acordes dunha guitarra.
O escritor deu unha clase maxistral de cómo recitar poesía. Os asistente poideron facer preguntas, e o remate firmou libros.
Este sábado Bea Campos e David, de Migallas Teatro, fixéronnos pasar unha mañá do máis divertida e aventureira na biblioteca Neira Vilas de Vigo.
Antes de comezar a sesión os nosos amigos agasalláronnos coas flores de San Xoán, amosáronnos como se chaman e como cheiran.
A continuación como noutras ocasións, cantamos a canción de Benvida dos Arrolos, que xa todos coñecemos. Logo nos contaron e cantaron a historia de Chispas o neno, que quería ser maior, e os seus amigos os animais de peluche; este conto como nos dixo Bea, aumenta o diminúe dependendo dos bonecos que un ten na casa.
E como os nenos que veñen a biblioteca son uns nenos moi valentes fomos tras unha nova aventura…fomos cazar un oso! Pero non un oso calquera senón un oso terrible e perigoso. Toda unha aventura que nos narra o humorista e escritor Michael Rosen no seu álbum “Imos cazar un oso” e que interpretaron Bea e David fantasticamente.
Continuamos a nosa aventura co conto do neno que non facía caso ao seu pai e metía o dedo no seu nariz e no de todos os animais que atopaba no seu camiño.
Rematamos a sesión coa canción de Despedida de Arrolos e cun agasallo moi especial…A canción de San Xoán para que todos a cantemos na noite máis máxica do ano.
Entre arrolos e contiños
Próxima sesión: Sábado 21 de setembro ás 12.00h

O 24 de abril a contadora Carmen Domech viaxou ata a Biblioteca coa súa maleta de libros tolos para facer desfrutar a nenas e nenos con contos divertidos, intrépidos, deliciosos e escalofriantes.
O día 23 de maio, a escritora e contadora de contos, Charo Pita, achegouse á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña para agasallarnos cunha chea de historias e cancións para as e os máis pequenos e as súas familias.
Desfrutamos dunha tarde chea de bicos, aloumiños e risas cos contos e cancións para os/as máis pequenos narrados con efectos sonoros, libros de imaxes e rimas escoitadas á calor das apertas.
Se queres comprabar como desfrutaron os máis pequerrechos visita a Galería Fotográfica de Bibliotecas Municipais A Coruña
A actividade forma parte do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.


Séguenos