A Historia de Carabranca por Iria Pinheiro no Valadouro
Edelmiro é un humilde escritor que un día compra unha tinta moi especial que segundo o libreiro convirte o escrito en realidade. Así inicia a historia de Carabranca, unha meniña abandoada pola familia nunha lata de bolachas. Carabranca apareceu nunha illa onde aprendeu todo o que sabían os nativos, foi atrapada por un barco pirata onde se fixo amiga de todos os piratas menos do capitán. Tamén viviu na cerna dunha fraga onde cultivaba a súa propia horta…en fin mil aventuras ata atopar ao propio Edelmiro que escribia o seu destino.
Iria Pinheiro vai debullando o conto con música, monicreques, sombras chinesas, maquetas e moitas mais manualidades encantadoras que fascinaron aos nenos presentes.





A escritora María Canosa visitou a Biblioteca de Carral para quitarnos os medos co seu recital Versos para perder medos. Falounos de monstruos, da escuridade, dos cans… E fíxonos pasar un bo tempo mentres que iamos deixando atrás os nosos medos.













Séguenos