Choupiña e Trastón visitaron o PAI de Boimorto

Bebecontos de Choupiña e Trastón: contamos cos sentidos.
O pasado venres 12 de maio, realizaron este contacontos no PAI de Boimorto no que deleitaron os/as usuarios/as ca súas nanas, cantos, poemas, etc

Bebecontos de Choupiña e Trastón: contamos cos sentidos.
O pasado venres 12 de maio, realizaron este contacontos no PAI de Boimorto no que deleitaron os/as usuarios/as ca súas nanas, cantos, poemas, etc
Acabamos de rematar a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 adicado ao autor CARLOS CASARES coa estupendísima actuación de Cris De Caldas co seu espectáculo de narración oral “A galiña azul e compañía” e o posterior obradoiro de marcapáxinas.
Tivemos de invitados a esta actividade aos alumnos de 1º e 2º de Primaria de CPI “Curros Enríquez” de Pazos e a algúns dos alumnos de Asociación Aspavi.
Cris de Caldas explicoulle aos nenos dunha forma moi amena algunhas etapas e curiosidades da vida e obra do autor Carlos Casares e do significado da celebración do Día das Letras Galegas.
A galiña azul estivo moi ben acompañada, de xeito que tivemos a oportunidade de coñecer outras obras de Casares e algúns contos tradicionais.
Despois da sesión de contos desenvolveuse un obradoiro de marcapáxinas da galiña azul cos asistentes á actividade.
Aquí vos deixo unha fotos da excelente actuación de Cris De Caldas para que vexades a estupenda mañá que pasamos.
Ahí van…


FRAN e a sua amiga FILIPA fixeron pasar a todos os nenos e adultos que acudiron a biblioteca unha xornada “filipante”, na tarde do mércores 10 de maio con unha actividade dentro do programa das Letras Galegas. Música, humor e os contos de CARLOS CASARES: Lolo anda en bicicleta, a galiña azul e as historias de Toribio. Para rematar a sesión de contos, o animador acompañado pola sua guitarra contounos a historia de “HIPOQUÉ???????, un pequeno hipopótamo que pasaba o día querendo saber o “por qué” de todo, con unha divertida maneira de contar cantando esa etapa dos nenos, as veces esgotadora, pero tan necesaria, chamada a “dos porqués”. Os nenos fixeron os coros o longo de toda a canción. Pasárono moi ben.
Día 5 de maio de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o Día das Letras Galegas (17 de maio) e en vista dos certames de debuxo e narración que temos convocados (Debuxo infantil Letras Galegas 2017) atopamos algunhas ideas sobre o mundo que queremos con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Solidariedade Internacional de Galicia
o 5 de maio, ás 17:00 na sala infantil
Empezamos buscando no globo terráqueo onde estamos nós e a onde se foi Irene nas súas múltiples viaxes. E detivémonos na parte máis oriental do mar Mediterráneo.

Vimos numerosas fotos das paisaxes, as xentes e a cultura nesa parte do mundo. 
Tamén escoitamos a súa música, interpretamos algún dos seus bailes tradicionais e ulimos as súas especias (algunhas non nos gustaron nada seguramente porque non estamos acostumados).
Buscamos nun atlas onde está o Mar Morto e descobrimos por que se chama así e por que se nadas nel non afundes, e disque ata podes ler un libro se te tumbas na auga porque flotas!

Rematamos coñecendo a historia do Corvo Branco, que devolveu as estrelas, o sol e a lúa ó ceo que vemos todos os días.
Despedímonos facendo debuxando un mundo mellorado.
Onte, con Ana Romero (Nita), os nenos e nenas que acudiron á biblioteca comprobaron o divertido que pode resultar xuntar os contos coa ciencia.

E experimentar coas cousas cotiás…

O venres 28 de abril, estivo na biblioteca Fátima Fernández coas súas “Historias doces e salgadas”. Contamos tamén co mellor público do mundo!
O venres, 28 de abril ás 18.30 h. representouse a actividade de Ler conta moito “As historias de Kamishibai”, que se inxeriu dentro da Festa do libro e da lectura organizada polo espazo de lectura de Conxo da Biblioteca Pública José Saramago do Concello de Santiago. As historias sorprenderon e o público familiar gozou das historias. A actividade engaiolou ós asistente desde o primeiro instante.
Un éxito 🙂
O 25 de abril na Biblioteca de Portonovo, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coa actividade “Calendario de Contos”.

A sesión a cargo de Sole Felloza, achegou ós cativos de Portonovo unha marabillosa tarde de contos arredor do calendario. Todos xuntos cantaron, incluídos os país, nais e avoas, e pasaronno xenial. De feito houbo cativos que xa na casa seguían a cantar as melodías que Sole lles ensinara. E ó rematar, un cativo achegóuse para que Sole lle adicase o seu libro.

Foi un pracer contar con esta narradora e disfrutar das súas historias e a súa profesionalidade. Tanto os maiores coma os pequenos disfrutaron do lindo, de tal xeito que, cando Sole terminou ninguén se moveu do sitio: estaban tan metidos na sesión que querían máis…

Ata pronto Sole!
Ó día 28 de abril ás 18 h. chegou a Biblioteca P.M. de Vila de Cruces Pavís Pavós, cunha maleta chea de contos que foron narrando e interpretando con distintas voces e xestos, logrando captar a atención e a participación tanto dos cativos coma dos maiores.




Séguenos