“Unha maxia diferente” na Biblioteca municipal de Ortigueira “Juan Fernández Latorre”
O Mago Paco visitou a biblioteca para traer a súa maxia diferente ao colectivo de ASPROMOR resultando unha mañá moi divertida.

O Mago Paco visitou a biblioteca para traer a súa maxia diferente ao colectivo de ASPROMOR resultando unha mañá moi divertida.


Parecera que a mesma Rosalía se materializase na Biblioteca de Moeche para falar da súa vida e de literatura aos participantes no obradoiro de memoria e algún usuario máis no día da inauguración do curso. A artista Helga Méndez na súa espléndida interpretación.

Con “Tralará, Contos, Obxectos e Música”, Marta Ortiz conxurou a atención divertida dos máis pequenos e das súas acompañantes, nunha actuación ao aire libre dunha espléndida mañá de agosto, na entrada da biblioteca.
O pasado mércores Eduvia visitou o Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira co seu espectáculo BiblioCanta. Os nosos maiores cantaron, bailaron e divertíronse nunha sesión en torno ao cancioneiro tradicional galego.

Na recentemente renovada BPM María Magdalena celebramos o día das Letras Galegas cun espectáculo sorprendente, onde o ilusionista Mago Marco propuxonos unha viaxe de soño e ilusións envoltas en misterio.


Ao sol,
que carexa compracido
este banco de xardín
volve o sosego
Que é case sono,
unha vontade de dormir desperto,
Este mércores o Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago recibiu unha sorpresa moi especial: a visita de Luísa Villalta… a homenaxeada polo Día das Letras Galegas no 2024.
Unha xornada inesquecible na que a música, especialmente o violín, o instrumento preferido da nosa escritora, foi acompañando os versos e as anécdotas que a actriz Helga Mández, na pel de Luísa Villalta soubo facer, coa súa interpretación un verdadeiro acto poético.
Un pracer Luísa, ata sempre.

Día 25 de outubro de 2023 ás 10:30, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Zapatiños de cartón e a carta dos bosques
da man de Anxo Moure
o 25 de outubro, ás 10:30
Recibimos a un xacio moi especial, grazas ó cal soubemos que hai distintos tipos de embarcacións no noso río Miño (batuxo, barca da pousa, barca dos dornos e gamela)…

…tamén como se chaman os seres míticos que habitan as augas dos ríos en distintos sitios da península (xanas, donas d’aigua, lamias)…

…caemos ó chan da impresión dalgunhas cousas que nos contou…

…e rimos moito, moito…pero sobre todo, pasámolo xenial coas historias de amor á natureza, non só ós bosques, senón tamén ós animais e os seres míticos que nos ensinan a querela moito máis.

Non imos negar que o que máis nos gustou foi subir ós barquiños que nos trouxo para que navegara a nosa imaxinación!
Día 24 de outubro de 2023 ás 13:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Cociñando historias
da man de Hugo, de Ludus Tempori
o 24 de outubro, ás 13:00 na biblioteca
Reunímonos ó redor da cociña de contos do cociñeiro Hugo, que nos deleitou con historias de igualdade, moitos dos cales podemos atopar na biblioteca:

Comezamos cunha versión dun clásico: Brancaneves e os 77 ananiños, e seguimos con outros moitos.

Moitos destes contos pódense atopar na selección de contos infantís de igualdade da biblioteca, e que podes consultar neste enlace.
Ó rematar
Día 24 de outubro de 2023 ás 11:30, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos Dada a trasna
da man de Patricia Martínez
o 24 de outubro, ás 11:30 na biblioteca
Recibimos á trasna Dada, quen ó principio tiña medo de entrar e interactuar cos nenos e nenas porque uns días antes un grupo lle tirara pedras para facerlle dano.

Unha vez tivo a certeza de que non lle ían facer dano, contounos cousas dela, coma que no verán vive ó lado dun río, e no inverno se instala na biblioteca, onde está ó quente e ademais se pode entreter facendo o que máis lle gusta: ler! A nós tamén nos gusta bastante, ou non?

Coas súas historias aprendemos a importancia do respecto á natureza, ós seus habitantes e ós demais.
Ademais díxonos que temos na biblioteca un montón de libros sobre a natureza e os seres que viven nela e que se pode consultar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí algún dos libros sobre a natureza]
A visita a biblioteca para festexar o “Día da Biblioteca” complementouse cun obradoiro creativo sobre reciclaxe desenvolvido pola compañía MOC MOC FANNY MEDIOAMBIENTE e titulado “Xogando a reciclar”. O taller profundizou en diferentes aspectos da reciclaxe, a igualdade, e a inclusión ; todo elo en clave de humor e a través dun espectáculo divertido e participativo para o público, que perseguía tamén o obxetivo de fomentar o coidado do medio ambiente a través da reducción e/ ou reutilización de residuos.
Tratouse dun obradoiro teatralizado, en chave de clown, organizado como unha forma diferente de aprender a importacia da reciclaxe


Séguenos