30/07/2013
O 23 de maio o protagonista na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS” foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013 Roberto Vidal Bolaño.
Ás 11,00 horas a nosa amiga Patricia de EDUVÍA caracterizada do personaxe máxico “Dadá” o Duende, co espectáculo “Contacontos animaliños” relatou aos usuarios do centro ASPAVI (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo) de Pazos, unha serie de contos nos que os protagonistas foron os animais. Aínda que independentes entre sí, todos os contos gardaron o nexo común do respecto polos animais, coa promoción do hábito lector entre a infancia como obxectivo final.
Ao finalizar a actuación se lles fixo entrega aos usuarios de ASPAVI do seus carnés de socios da biblioteca e dun agasallo conmemorativo da Campaña de Captación de Socios realizada pola biblioteca neste ano.



Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos tamén disfrutaron do espectáculo noutra sesión a partir das 13,00 horas. As 46 persoas asistentes entre rapaces e maiores gozaron desta sesión chea de contos que lles ia relatando o Duende “Dadá” co obxectivo de fomentar o hábito lector entre eles.

O espectáculo resultou moi dinámico e a contacontos foi metendo aos participantes nos papeis dos animais dos contos facendo que participasen activamente dos mesmos.

Dúas horas en total de risas, xestos, adiviñas… durante as que os asistentes pasaron un rato moi especial.
Séguenos