25/10/2017
Onte 24 de outubro, Día das Bibliotecas, gozamos na Biblioteca de Portonovo dunha sesión de contacontos con Cris de Caldas.
Cris achegounos a súa proposta “Rosa non é unha cor” coa que gozaron tanto os pequenos como os maiores (mamás, un papá e algunha avoa), que participaron activamente.

Ao terminar os contos, os nenos xa estaban a demandar o taller, pois lles facía ilusión desde o principio.
No taller foi moi agradable ver aos maiores axudando aos máis pequenos, e o resultado final vese na foto na que pousan todos moi orgullosos con Cris.

Grazas Cris!
Séguenos