GRAN XOGO SOBRE AS LETRAS GALEGAS
Imaxe grupal do Gran Xogo das Letras Galegas 2016 adicado a Manuel Maria na Biblioteca Publica de A Veiga



Imaxe grupal do Gran Xogo das Letras Galegas 2016 adicado a Manuel Maria na Biblioteca Publica de A Veiga



O pasado xoves 26 de maio, na Biblioteca Municipal Sagrada Familia de A Coruña tivemos o pracer de recibir a Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca Vai! De aquí e acolá” baseado no libro-cd-dvd da Editora Kalandraka.
Acompañando a Paco estaba a súa querida “Máquina” xunto con outros moitos instrumentos. Tanto nenos e nenas como acompañantes disfrutaron da viaxe musical cantando e bailando as cancións, pasando por toda as festas do ano, como, o magosto, o samaín, o nadal… Rematando coa canción “Meu o mundo é!”.
O noso agradecemento a Paco Nogueiras pola súa profesionalidade e por facernolo pasar tan ben!
Para rematar os actos de conmemoración sa Semana das Letras Galegas no Concello de Teo, contamos con Soledad Felloza que trouxo as palabras de Manuel María ó noso centro para desfrute de toda a xente que se achegou

O día 24 de maio tivemos na biblioteca de Culleredo un contaconto a cargo de Carmen Domech

Os nenos desfrutaron das magníficas narracións e intrepretacións que fixo Carmen Domech
O pasado Venres día 20 de abril e para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS” tivemos con nos na Sala de Lectura ao MAGO PAGO de A illa d@s nen@s que nos trouxo o espectáculo de narración oral e maxia “DIVERMAXIA” para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Un interesantísimo espectáculo de dinamización á lectura a través da maxia mediantes historias, contos e xogos.
O mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os nenos. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender aos mais cativos coas súas historias cheas de maxia.
Estiveron con nos os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios de ASPAVI cos seus monitores e profesores.

Larraitz comenzou facendo referencia a Manuel María, o gran polígrafo ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Contounos varios contos e recitou poesías de “Os soños na gaiola” e, para o remate, cantou, acompañada polos asistentes, a canción do cuco.
O día 23 de maio tivemos na Biblioteca de Culleredo un contaconto para os máis pequenos.

Os rapaces escoitaron, cantaron, contaron e bailaron.
O pasado 19 de maio, Sarabela Teatro representou na Biblioteca Municipal de Lugo a súa obra “Nola e María na Terra Chá”.

As dúas protagonistas percorreron os municipios da Terra Chá de Manuel María acompañando a súa viaxe cos versos do poeta.

O mércores 18 de maio celebramos as Letras Galegas con Fátima Fernández que nos contou entre outras historias “O bigote de Mimí” de Manuel María. Foi unha sesión moi dinámica e divertida.


Con Teatro Babaluva, os nenos da biblioteca municipal Monte Alto achegáronse á poesía de Manuel María, quen fora veciño do noso barrio nos seus últimos anos. Os rapaces experimentaron a facer debuxos para crear un libro despregable a partir dos versos deste autor tan querido, a quen agasallamos no Día das Letras Galegas.


Séguenos