“A VIDA MESMA” de LORE LAVAND na BIBLIOTECA DE MEIS
Máxica, sensible, participativa e moi ben traballada esta sesión de Lore Lavand na que a vida transcorre diante de nos sin deixar a ninguén indiferente. 
Máxica, sensible, participativa e moi ben traballada esta sesión de Lore Lavand na que a vida transcorre diante de nos sin deixar a ninguén indiferente. 
É un espectáculo infantil para público familiar que xira arredor da figura de D. Carmelo, un avó ao que lle encanta contar historias, pero a súa memoria xógalle malas pasadas… Cada vez que abre un libro, as historias mestúranse e os finais son comezos de novas historias.
Unha proposta divertida que motiva aos nenos e nenas a ler.

As rapazas e rapaces de Laxe desfrutaron dunha sesión de contacontos manipulativo onde observaron os distintos materiais para elaborar un libro, viron os libros máis raros da historia e aprenderon a facer coas súas mans un minilibro.
A Biblioteca Municipal da Estrada celebrou o Día das Bibliotecas acollendo a actuación Animaladas, de Teatro Calatrava. Durante o espectáculo, os nenos e nenas asistentes escoitaron, observaron, cantaron, brincaron, bailaron, reptaron e riron, entre outras cousas, pasando o días das bibiotecas entre contos, historias, humor, retos, música e moito máis!


Para conmemorar o Día das Bibliotecas, visitounos Vero Rilo co seu espectáculo de narración oral: “E a ti… que che contaban?” que mestura a tradición oral, coa literatura popular e os libros.
Vero Rilo contou diferentes historias como “Leite”..… todos eles foron contados e acompañados de cancións e de linguaxe de signos Historias que gustaron aos nenos e nenas de todas as idades.

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas cunha visita moi especial!
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia viñeron á biblioteca para gozar dun conto teatralizado moi mariñeiro: “Xan das ondas” 🌊🐚de A Farra.
Pasámolo en grande axudando a Xan e á fauna acuática a limpar o océano de residuos para que as ondas volveran soar libres e felices 🌈🐠
Unha xornada divertida e chea de maxia 💙
Porque nas bibliotecas… as boas historias sempre nos fan navegar!


O sábado 25, en Ames seguimos coas actividades do “Día da biblioteca”, e desta volta foi na biblioteca de Bertamiráns onde a rapazada tivo o gusto de diseñaren as súas mochilas utilizando distintas teas, cores e texturas, cun resultado fantástico.
O pasado venres, celebramos o día da biblioteca co obradoiro creativo de “Contamos con sombras”. Foi unha actividade na que ademais dos contos, os participantes tamén disfrutaron da arte do teatro da sombra creandoas eles mesmos.

O pasado sábado celebramos o Día das Bibliotecas cun obradoiro moi especial.
Despois de escoitar un conto cheo de maxia e fantasía, os nenos e nenas deron renda solta á súa imaxinación creando ovos con formas sorprendentes.
Foi unha mañá chea de creatividade, risas e moita ilusión.


O venres 24, a rapazada de Cambre fixo un grandísimo esforzo para atrapar a Negra Sombra. Sairon felices e pedindo máis. E quen sabe se pensando en facerse detectives!



Séguenos