A gran viaxe das Letras Galegas na BPM Irmáns Camba de Vilanova de Arousa
Celebrando o Día das Letras Galegas en Vilanova de Arousa con A Xanela do Maxín e o seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas
Celebrando o Día das Letras Galegas en Vilanova de Arousa con A Xanela do Maxín e o seu espectáculo “A gran viaxe das Letras Galegas
Poio arrancou este sábado a programación do Día das Letras Galegas cun mega obradoiro creativo de globoflexia e maxia dirixido a cativada. 2 Minds Combined mestura nesta actividade maxia, humor e pedagoxía para crear experiencias lectoras próximas e orixinais.
Marta Ortiz comezou a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, coplas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan.

Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreu mundos onde os fíos falaban, as caixas de costura abrían as portas da fantasía e os bastidores de bordar eran fiestras onde asomarse a historias prohibidas.

Narración oral, música, teatro de obxectos e pezas enlazadas polas coplas do Cancioneiro da Agulla. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento.

O pasado 13 de maio tivemos o pracer de acoller na Biblioteca Pública Municipal de Barro unha sesión moi especial de animación á lectura da man de Caxoto. Nesta actividade, os máis pequenos do CEIP Amor Ruibal puideron gozar dunha contada chea de maxia, na que as historias cobraron vida acompañadas de instrumentos musicais tan curiosos como sorprendentes.
Ademais de escoitar contos, as crianzas tiveron a oportunidade de descubrir unha pequena mostra dos fondos da nosa biblioteca destinados á rapazada de 0 a 5 anos, achegándose así ao marabilloso mundo dos libros dende idades temperás.
O espectáculo foi tamén unha fermosa homenaxe a todos eses libros que nos marcaron, que nos marcan e que, sen dúbida, seguirán formando parte da nosa vida para sempre.
Caxoto compartiu, ademais, unha historia moi persoal: cando era pequeno, custáballe moito durmir e sempre atopaba escusas para non deitarse. Ata que un día, por imitar ao seu irmán maior, decidiu coller un libro antes de durmir. Sen decatarse, aquela decisión levouno a vivir unha noite chea de aventuras e soños, unha experiencia que quixo repetir unha e outra vez. Dende entón, cada noite converteuse nun pequeno ritual: un conto, un anaco de imaxinación e o libro gardado baixo a almofada para deixarse levar cara ao mundo dos soños.


O sábado 9 de maio os rapaces e rapazas que participaron no obradoiro Gravado con Begoña Caamaño desfrutaron dunha mañán na que se achegaron á figura da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas a través da arte do estampado con linóleo.

O venres día8 de maio adiantámonos na celebración do Día das Letras Galegas co obradoiro Gravado con Begoña Caamaño, no que os participantes puideron aprender sobre a técnica de gravado e profundizar na figura de Begoña Caamaño.

O pasado sábado día 25 finalizamos a programación do Día do Libro en Ames con este oradoiro na biblioteca de Bertamiráns. Con cartolinas de cores, cola e explorando as posibilidades das distintas texturas e achegándonos ao concepto de volume, os cativos e cativas pasaron unha divertida tarde creando o seu personaxe literario favorito.

Dentro da programación do Día do Libro en Ames, o pasado venres 24 de abril recibimos a Aida Alonso co seu obradoiro Cal é o teu libro favorito?
A rapazada que participou na actividade constrúe ao seu personaxe literario favorito mostrándonos as súas habilidades artísticas que nos sorprenderon a todos.
Unha tarde divertida na que ademais de
crear reflexionaron sobre os seus libros favoritos , os seus personaxes preferidos…

Un Mar de Cores realizou un obradoiro de ilustración onde os nenos /as puxeron a súa imaxinación na creación de historias,con xogos e invención de historias.

Continuamos coas actividades do Programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega de 2026 da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén – BiblioPazos coas que conmemoramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, que se celebra en todo o mundo o día 23 de Abril de cada ano desde o 15 de novembro de 1995 en que tivo a sua orixe como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, William Shakespeare, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejías Vallejo, entre moitos outros; e foi a través da UNESCO que se decretou ese día co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os públicos, a cultura e as letras no mundo, ademais de protexer a propiedade do dereito de autor, a iniciativa da Unión Internacional de Editores.
E é que ler axúdanos a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente.
E para conmemorar esta importante data tivemos con nos o pasado Venres día 24 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello á actriz, contacontos, fotógrafa e xestora cultural SOLE FELLOZA que nos trouxo o seu espectáculo de narración oral “SERES MÁXICOS DO REINO DE GALICIA”.
Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura “LER CONTA MOITO” que promove a Direción Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaborción cos concellos que teñan as súas bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Asistiron a este evento os usuarios da Asociación ASPAVI e o alumnado de 3º, 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Houbo un tempo no que coñecer os seres máxicos era imprescindible para entender o mundo. Saber onde vivía o nubeiro, que monte habitaba un xigante ou en que fonte podía aparecer unha moura axudaba a orientarse no territorio, pero tamén na vida. Estes seres formaban parte dun saber compartido, ligado á terra, aos camiños e á memoria do país.
Hoxe moitos destes personaxes convertéronse en nomes alleos para a rapazada, figuras borrosas ou esquecidas. E cando esquecemos os seres que nos explicaban o mundo, empobrecemos o imaxinario colectivo e rompemos un fío esencial coa memoria do Reino de Galicia, coa súa xeografía simbólica e coa tradición oral que a sostivo durante séculos.
Este espectáculo de narración oral propón volver poñerlles voz, corpo e historia a esas criaturas. A partir do Mapa dos Seres Máxicos do Reino de Galicia, creado por Manuel Gago e ilustrado por Leandro Lamas, a palabra falada convértese nun mapa vivo: un espazo escénico onde pousar o dedo e abrir unha historia, onde cada lugar garda unha voz.
Trasnos, meigas, xacias, nubeiros, seres desaparecidos e outros vencellados a illas, montes, fontes ou camiños regresan á oralidade para ser contados de novo, reinventados e compartidos. Porque a tradición oral tamén é unha forma de ecoloxía cultural: o que non se conta, desaparece.
Seres Máxicos do Reino de Galicia é unha invitación a recuperar un imaxinario propio, rico e poderoso, e a facelo dialogar co presente, para que estas figuras deixen de ser reliquias do pasado e volvan acompañarnos no camiño cara ao futuro, como parte viva da identidade e da memoria do país.


Séguenos