A rapazada de Cambre achégase ao proceso de creación dun libro

O pasado venres, 10 de outubro, tivemos na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala-Cambre) unha sesión de contacontos manipulativo dedicada ao proceso de creación do libro.

O pasado venres, 10 de outubro, tivemos na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala-Cambre) unha sesión de contacontos manipulativo dedicada ao proceso de creación do libro.

Na Biblioteca Rialeda as nenas e nenos gozaron dun entretido obradoiro no que construíron un coche eléctrico cunha combinación de pezas de lego,
pequenos motores e elementos decorativos.
Mediante tablets e unha aplicación informática programaron o movemento. Unha vez montados, realizaron pequenas carreiras.
Carlos, o monitor, estivo moi pendente de cada un/unha e guiounos con moi bo humor e amabilidade. Foi unha tarde inesquecible!!!


O martes, 8 de outubro, visitounos Ana Carreira con Eu non quero. Contou historias que poñen en valor a igualdade e fomentou a participación da rapazada que o pasou de marabilla.

A tarde do mércores, 8 de outubro, a Biblioteca Central María Pita recibiu a visita de Pablísimo, co seu espectáculo sobre rodas ‘Cabicivai‘.
Onte día 7 de outubro, visitou a Biblioteca de O Froxel de Arteixo, Antón Ke, presentando “A Gaita Galega”.


Actividade baseada na obra “A gaita galega” de Xoan Manuel Pintos, na que por medio dun conto adaptado da obra e poemas musicados ao ukelele reflexionou cos cativos sobre a importancia do uso da nosa lingua.
O martes, 7 de outubro, desfrutamos con “1 mar de cores” dunha sesión de contacontos e obradoiro sensorial que encantou ás familias de Oleiros.
Un agradable estímulo para os sentidos que puxo en valor en todo momento a nosa relación co medio natural.

Na Biblioteca Municipal de Dorneda aconteceu un obradoiro “Da árbore ao libro” da man de Cuarto de inverno, o día 6 de outubro ás 17:30 h., no que nenos e nenas disfrutaron confeccionando un libro partindo de cero, coa súa cuberta e libriño debidamente decorados. Martín, o monitor encargado da actividade, explicoulles a todos, con anterioridade, un pouco a historia de cómo se fai un libro e de tódolos responsables do proceso. Os rapaces quedaron contentos co resultado e entenderon moi ben a explicación de Martín. Todos se foron felices para casa despois de pasar un anaco educativo, divertido e agradable.

A Compañía Trémola Teatro presentounos a actividade “VAMOS AO RECREO“, compartindo con nós a historia de Sara,unha rapaza que revolucionou o patio. Unha mañana chea de bailes e risas ! Porque no recreo sempre ocorren as aventuras divertidas.

Onte, venres 3 de outubro, a artista Noelia Porto de Lalá Teatro visitou a vila de Sarria co seu espectáculo “Eu quero ser” co que coñecemos diferentes profesións a través de xogos, contos e cancións. Encantounos a historia de Lúa, a protagonista…agora ámbalas dúas son as nosas amigas!


Na tarde de onte na B.P.M. de Fene, tanto nenos/as como pais e nais, gozaron duha historia que comeza cun grande desgusto da galiña Xosefina, cando ésta se decata de que na casa de Pepe se usan ovos para facer tortillas; pero nada que non teña solución grazas á axuda da súa amiga a pata. Unha historia na que se traballa a amizade e a empatía.


Séguenos