Contacontos «Travesías»

O xoves 23 de abril tivemos Travesías de Raquel Queizás, sesión de contacontos infantil na Biblioteca.
Implicación total, como ven sendo habitual, dos pais e dos nenos neste espectáculo.

O xoves 23 de abril tivemos Travesías de Raquel Queizás, sesión de contacontos infantil na Biblioteca.
Implicación total, como ven sendo habitual, dos pais e dos nenos neste espectáculo.

En Vilanova de Arousa , a Biblioteca Municipal Irmáns Camba celebrou o Día do Libro cunha actividade moi especial:
a actuación do mago Martín Camiña e o seu espectáculo “Unhas maxias impares”.
Nesta xornada dedicada á lectura, á imaxinación e ao poder das historias, a maxia converteuse nun complemento perfecto para achegar os máis pequenos ao mundo dos libros dun xeito lúdico e diferente. Os nenos e nenas puideron participar activamente no espectáculo, o que fixo que a actividade resultase especialmente divertida, amena e dinámica, fomentando ao mesmo tempo o interese pola lectura e a creatividade.


Hoxe celebramos o Día do Libro, e para conmemorar esta data tan especial, a biblioteca municipal presentou a programación “Abril, mes do libro e a lectura”. Entra as actividades de animación destaca o espectáculo de narración oral “O secreto da biblioteca”, un contacontos a cargo de Trémola Teatro que celebramos esta tarde. Ler máis →
Nun ambiente de terror festivo, divertido e máxico…Óscar de Magiaenlamanga fixo rir, asombrarse e pasalo ben con moitos trucos de maxía, clásicos e tamén sorpresivos. O público de nenos/as e as familias estiveron dende o principio pendente e colaborativo con Óscar Fernández que fixo vibrar a todos nun tarde de Samaín moi especial.
O pasado martes, nenas, nenos e adultos da Biblioteca Municipal Os Templarios disfrutaron de arrolos,cantigas de berce e nanas

Día 24 de outubro de 2025 ás 21:30, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Sabes coser? obradoiro de contos sobre igualdade
da man de Anxo Moure
o 24 de outubro, ás 21:30
Despois de cear, saímos ó patio da biblioteca para recibir a este estrafalario e sorprendente gardador de historias dos bosques e da natureza, que chegou coa súa ciclobiblioteca para contarnos historias da natureza, dos bosques, de seres fantásticos, lendas próximas e historias lonxanas, todas elas falando de igualdade, solidariedade, amor e fantasía.

Escoitamos, cantamos, saltamos, berramos, bailamos e paseamos na caixa de historias da ciclobiblioteca…e tamén guiamos a bicicleta, non só os seres humanos diminutos, se non tamén os máis grandes.


En resume, pasámolo xenial! E rematamos o día de festa cun pequeno espectáculo sorpresa!
Día 24 de outubro de 2025 ás 20:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Lettering co Cancioneiro Popular Galego
da man de Velaísca
o 24 de outubro, ás 20:00
Despois de viaxar pola galaxia, relaxámonos na nosa terriña galega, e despois de facer un rato de caligrafía de lettering para acostumarnos a facer os trazos, escollemos un verso que nos chamara a atención dos moitos que nos ofrece o cancioneiro tradicional galego.

Fixemos auténticas preciosidades, e rimos con algúns dos inesperados versos. Tamén sabemos que temos moitos cancioneiros tradicionais galegos na biblioteca.
Día 24 de outubro de 2025 ás 19:20, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Contacontos interactivo de “O androide Simón”
da man de Boadicea Editora
o 24 de outubro, ás 19:20
Con algo de retraso sobre o horario previsto, chegou o androide a contarnos a súa aventura pola galaxia.
Mentras nos ían lendo a historia, nós dabamoslle cor ás diferentes láminas que representaban as etapas da viaxe do androide pola nosa galaxia.
Coma sempre, podemos atopar libros que nos falen do espazo e as galaxias na sección de ciencia da biblioteca.
Día 24 de outubro de 2025 ás 16:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Debuxando un conto
da man de Estefanía Padullés
o 23 de outubro, ás 11:00 na biblioteca
Con rapazada de 6 a 12 anos, logo dunha breve presentación sobre que partes conforman un libro, vendo uns exemplos do traballo de Estefanía, puxémonos mans á obra.
Seguindo as directrices da autora, soubemos que é unha portada, cantas partes compoñen unha historia e establecemos que iamos escoller unha personaxe á que lle vai pasar algo e decidimos como vai rematar a nosa historia.
Unha vez planificada a nosa historia, sabendo que ía estar composta por 5 páxinas, decidimos que ía pasar en cada unha delas e como iamos representalo.
Con 5 folios en branco, unha cartolina, un lapis e cores, creamos incribles historias.
Tanta era a emoción, e a ilusión de que se traballabamos ben, o noso traballo ía quedar na biblioteca, formando parte do catálogo de obras, que nos esforzamos ó máximo e saíron unhas historias fermosísimas.

Ademais coñecemos en que sección da biblioteca vai estar e por que. Tamén soubemos como se vai identificar e por que. Poderemos atopalo en breve no catálogo da biblioteca onde tamén temos os libros de Estefanía Padullés.
Máxica, sensible, participativa e moi ben traballada esta sesión de Lore Lavand na que a vida transcorre diante de nos sin deixar a ninguén indiferente. 


Séguenos