A FESTA DOS MONICREQUES NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA DE PERILLO (OLEIROS)
As nenas e nenos da Biblioteca Rialeda disfrutaron dunha tarde de monicreques coa actuación de María Larraitz, cos contos do demo e dos outros protagonistas do teatrillo.

As nenas e nenos da Biblioteca Rialeda disfrutaron dunha tarde de monicreques coa actuación de María Larraitz, cos contos do demo e dos outros protagonistas do teatrillo.

O pasado martes 23 de setembro fixemos o obradoiro de monicreques con Gemola. Nel, a cativada fixo a cabeza dun león con cartón e follas, e un ouricio chamado Mauricio cunha pataca e pipas. Pasárono xenial!
A Biblioteca Central María Pita de Cambre encheuse de boas vibracións co espectáculo ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’.

O martes, 23 de setembro, tivemos o pracer de recibir en Oleiros a Dani Blanco que enfeitizou ao seu público con equilibrios imposibles, malabarismos, contos sobre gatos lambóns e sobre todo moito humor.

A Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) acolleu este luns 22 de setembro o obradoiro “Olimpiada tecnolóxica” da man do artista Robótica creativa. Os nenos e nenas participantes tiveron que deseñar a figura dun coche con pezas de Lego con motor incluido para logo facer carreiras e facer que se movera. Destacou a imaxinación dos rapaces que non se esqueceron de poñerlle adornos ós vehículos con bandeiras e bonecos. A diversión estivo asegurada.



Caxoto presentou na Biblioteca de Carral un fermoso conto. Levántate Xan!!! cautivou aos pequenos (de 0 a 3 anos), que gozaron dos animaliños da granxa de Xan.
Foi un fermoso inicio de curso das actividades da nosa Biblioteca.


O pasado venres 19 arrincou a programación de animación á lectura de Ler Conta Moito na rede de bibliotecas de Cambre.
O pasado Venres 19 de Setembro tivemos con nós a FRAN REI de CULTURACTIVA que nos trouxo “O CONTO DE BARRIGA VERDE” de Manuel María, un espectáculo co que quixemos conmemorar a chegada do Equinoccio de Outono e o inicio do Curso Escolar 2025/2026.
FRAN REI presentou este novo espectáculo unipersoal no que mestura narración oral, humor e maxia: “O conto de Barriga Verde”, escrito por Avelino González. a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela) pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen lle dedicaron o Día das Letras Galegas no ano 2016.
Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno demostrarán ao mesmo tempo que nada é máis forte que o amor verdadeiro.
Asistiron a esta actividade os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos…
O venres 19 o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria do CPI San Vicente da Baña desfrutaron descubrindo os misterios que agocha a biblioteca deste centro educativo.
Unha experiencia divertida onde as diferentes pistas levaban a descubrir onde se agochaba o tesouro.



Durante a finde do 13 e 14 de setembro celebramos en Betanzos unha nova edición do FESTIBAM, o festival da Biblioteca, o Arquivo e o Museo das Mariñas.
Grazas á programación de Ler Conta Moito puidemos ofertar catro actividades para todo tipo de públicos:
Onde están os libros?, O son das linguas, Contamúsicas e Contos en construción.
Esta programación combinouse con outras actividades realizadas por voluntarios ou por asociacións da cidade, como é o caso do Club de Xadrez de Betanzos.
A maiores contamos con xornadas de portas abertas no museo e ca presenza de artistas e artesáns locais nunha feira de arte e artesanía que fixo achegarse a moitos veciños ata a nosa Biblioteca.

Onde están os libros

O son das linguas

Contamúsicas

FESTIBAM

Contos en construción

Contamúsicas


Séguenos