A bibliotecaria estrafalaria 2.0 de Cris de Caldas na Biblioteca dos Tilos-Teo
O venres 28 recibimos a visita de Cris de Caldas para falarnos dunha bibliotecaria un pouco estrafalaria. Actividade de narración oral combinando álbumes infantís con distintas características para conseguir que a rapazada desfrute da narración sempre apoiada nos libros e espertar o interés pola lectura.

A bibliotecaria estrafalaria 2.0 de Cris de Caldas na BPM de Os Tilos-Teo




ISEO A MOURA, estivo na Biblioteca Municipal de Alfoz o día 22 cun contacontos “Se as árbores falaran”. Iseo utiliza a música para tratar un tema moi importante: os incendios nos nosos montes. Axudada pola súa voz, Iseo conta como Flora e seu pai axudan as árbores a protexerse do lume.





O Mago da Boina e a súa axudante, a maga Nami animaron co seu maravilloso espectáculo cheo de maxia e humor o encontro interxeracional entre o alumnado de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada e os residentes do Fogar Residencial do Concello de Carballedo.










Séguenos