A Biblioteca Municipal de Allariz celebra o Día das Bibliotecas con ” Lúa” de Teatro Gazafelhos
E para rematar este ano a programación de Ler conta moito , celebramos o Día Das Bibliotecas co espectáculo “Lúa” de Teatro Gazafelhos. Un espectáculo divertidísimo , dinámico e participativo con Montse e Pablo que sempre triunfan e deixan aos nenos , nenas e maiores abraiados . Ademais unha obra chea de valores , a tolerancia, apreder a compartir, a paz e a non violencia, todo moi apropiado para estes tempos que estamos vivindo.
Quedamos encantados de volver ter con nós a Montse e a Pablo!!














O dia 18 de outubro, Al Guanella tróuxonos a nosa Biblioteca, unha cadeliña chamada Tana, facendo o espectáculo teatral “CONVERSAS CON TANA”, baseado na ventriloquía, coa participación da rapazada e os maiores que disfrutaron moito desta actividade.




Séguenos