26/09/2019
Elisabet Hillerud marabillounos coas súas creacións elaboradas co método zentangle.



Na tarde do mércores 25 de setembro descubrimos que se poden realizar cun lápis e un rotulador fermosas imaxes, sen necesidade de ser expertos debuxantes.
A técnica zentangle é moi sinxela e os resultados son espectaculares, e ata unha nena ou neno ben pequeño o pode facer. Consiste en ir trazando patróns repetitivos, por exemplo espirais ata formar belas imaxes.
É unha técnica moi relaxante para quen a utiliza, que conduce á concentración e á tranquilidade. A través do zentangle actívase a autoestima, pois os resultados son moi impactantes sen necesidade de saber debuxar, simplemente tendo paciencia para seguir as secuencias. Unha maneira tamén de fomentar a sensibilidade artística.
Ao comezo da actividade Elisabet entrégalle a cada participante un caderno en blanco, cosido á man. Cando rematan levan para a casa unha pequena alfada na que poden ir dando conta das súas lecturas, e seguir ilustrando o interior das súas páxinas.
Elisabet Hillerud, magnífica. Transmite moi ben o entusiasmo polo zentangle.
Actividade moi recomendable.
Séguenos