DENDE EXERIA A XELA ARIAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE PORTAS
Un itinerario dende Exeria a Xela Arias, pasando por Rosalía de Castro, Filomena Dato, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán, para coñecer a obra e afondar na vida destas referentes intelectuais de galegas.
Co principal obxectivo de difundir e poñer en valor a figura destas seis escritoras, onte, luns 23 de agosto na Biblioteca Pública Municipal de Portas, realizouse un obradoiro de creación plástica onde se elaborou un libroobxecto a través do cal , dun xeito imaxinativo puidemos afondar na súa obra e na súa vida. Un Obradoiro moi educativo e entretido.






Rapaces de Culleredo desfrutaron desta actividade de novo, con Iria Mejuto. Foi na Axencia de Lectura Municipal Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa, Culleredo, o xoves 22 de xullo. Pasárono moi ben reciclando vellas caixas, convertíndoas en agasallos. 

O día 14 de xullo 9 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos crearon o seu robot coa empresa Átomos. Os rapaces e rapazas pasárono en grande.
Obradoiro “Agasállate” de Iria Mejuto, realizado na Biblioteca Municipal de Culleredo, en O Burgo, o mércores 14 de xullo. Rapaces encantados coas ideas prácticas e creativas para obsequiar algo feito por eles mesmos. 














Séguenos