Obradoiro de deseño de mochilas para lectores e lectoras co Faiado de Nin na Biblioteca Municipal de Bertamiráns (Ames)
O sábado 27, 14 nenos e nenas de Bertamiráns gozaron moito creando fantásticos deseños para as súas mochilas. Un obradoiro divertido e orixinal co que celebramos o Día da Biblioteca.
























O día 24 de outubro, durante unha hora, con pinturas de dedo e seguindo as instrucións de Isabel, as crianzas asistentes ao obradoiro, puxeron en marcha a súa imaxinación e fixeron divertidas composicións. Pintaron gran variedade de obxectos e animais, sendo os protagonistas as bolboretas e os dinosauros, aínda que houbo quen preferiu facer creacións con extraterrestres.


Séguenos