Elena Gallego Abad
ELENA GALLEGO ABAD na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL

DETALLE DUNHA SESIÓN DO OBRADOIRO CREATIVO IMPARTIDO POR ELENA GALLEGO ABAD. É UN LUXO CONTAR COA SÚA PRESENZA.

DETALLE DUNHA SESIÓN DO OBRADOIRO CREATIVO IMPARTIDO POR ELENA GALLEGO ABAD. É UN LUXO CONTAR COA SÚA PRESENZA.
O pasado venres tivo lugar na biblioteca un obradoiro de cómic dirixido a nenos/as de 6 a 12 anos no que os cativos puideron convertirse en ilustradores do seu propio cómic e adicarllo a súa superheroína favorita.
Na BPM María Magdalena seguimos a festexar o día do libro dun xeito moi especial!
No obradoiro Maderacos demos vida a anacos de madeira, transformándoos en figuras únicas e cheas de maxia.
Primeiro puxemos a imaxinación a traballar xuntando pezas para crear formas sorprendentes e logo demos renda solta á creatividade coa pintura.
Foi unha mañá chea de cor e moita ilusión!


A Biblioteca Xela Arias de Chapela celebrou o Día do Libro coa rapazada, a través do obradoiro creativo: «Contos en construción».
Unha proposta do grupo Costa Oeste que xoga a misturar contos clásicos, arquitectura e xogo espacial.
Unha actividade que parte do conto dos Tres Porquiños e lanzando a proposta aos participantes para que sexan quen de idear e proxectar as construcións necesarias para eses cochiños que xa afrontan a emancipación e a vida adulta.
Nenos e nenas participantes deixáronnos moi sorprendidos pola súa creatividade e por proxectar solucións moi orixinais e divertidas para as vivendas destes marranchos tan singulares.
+ INFO: https://redondela.gal/es/un-dia-do-libro-redondo-nas-bibliotecas-municipais
Contacontos no que viaxamos as Américas con Castelao

Contos en construción estivo unha vez máis en Camariñas. Os nenos non quixeron perder a oportunidade de facer a vivenda para os seu porquiño e guiados por Sheila expresaron todo o seu potencial. Alto grao de satisfación.

Onte visitounos Sheila García e tróuxonos moitos materiais, con eles, os nenos e nenas construíron contos que saíron espontaneamente do seu maxín. Obradoiro moi ben organizado, ademais, debido ao número de interesados, deunos a posibilidade de facer dous grupos.

Éxito rotundo do obradoiro que pretendeu despertar a inquietude pola ciencia na Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo.

Alba Farto, ilustradora, impartiu un Obradoiro de Lettering, técnica tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,… e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia…Así de orgullosos posaban a nosa rapazada cos traballos feitos no obradoiro este pasado venres 25 de outubro, ao ladiño da nosa Biblioteca.
O pasado venres, 25 de outubro, os 15 rapaces e rapazas que participaron neste obradoiro crearon verdadeiras xoias para anotar as súas lecutras nuns preciosos cadernos que decoraron coa método Zentangle que lles deu a coñecer Elisabet e que consiste no en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración.



Séguenos