Na Biblioteca Municipal de Lalín subimos á montaña con Aldara!!
Aldara ensinounos a crer en nos mesmos e a poñer en valor o noso gran patrimonio natural e cultural.
Aldara ensinounos a crer en nos mesmos e a poñer en valor o noso gran patrimonio natural e cultural.


O pasado mércores 1 de outubro os nenos e nenas de Cerdedo grazas á sua coordinación, atención e perspicacia foron quen de resolver un gran misterio agochado na Biblioteca.


O pasado 17 de maio no Concello de Paderne tivo lugar a celebración das Letras Galegas ca que contamos cunha animada actuación de Avelino González. Durante unha hora os asistentes puidemos desfrutar de historias cómicas e amorosas que nos fixeron recordar tempos de antes.


O pasado martes 30, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre) acolleu o divertido contacontos musical “Cambia o conto“, a cargo de Música Miúda.


O día 1 de outubro visitounos Betty Queiro coa súa actividade Podes atopar o teu camiño. You can find your way.
Nela cantou e contou unha historia en galego e en inglés, acompañada por Carmen no teclado, na que se puxo en valor a colaboración e se fomentou a creatividade da rapazada.
Onte día 30 de setembro, visitou a Biblioteca de O Froxel de Arteixo, “A Fada Diana” da man de Ariadna Santana. Cun gran despregamento escénico, foron aparecendo personaxes en forma de animais, cunha temática baseada no reciclaxe e a fada diana liderando unha aventura como auténtica salvadora do mundo, acompañada de baile e canticos que fixeron gozar aos usuarios que participaron nalgúns dos contos.


A compañía Tropa de Trapo achegounos a actuación “4 monos” ata a biblioteca municipal Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Catro monos, catro historias para falar como nos relacionamos entre nós e co medio. Relatos para rir, cantar e tamén para reflexionar mentres nos divertimos todos xuntos.




O Mago Marco Pombo visitou a biblioteca municipal Lois Pereiro de Monforte de Lemos co espectáculo “Maxia para soñar” unha actuación a través da cal achega a maxia e ao mundo da lectura.




Séguenos