Banda de verán con Xoan Curiel

Na biblioteca de Coristanco, coa gran axuda de Xoan Curiel, logramos crear unha banda de verán moi xeitosa e descubrimos o noso gran potencial artístico.


Na biblioteca de Coristanco, coa gran axuda de Xoan Curiel, logramos crear unha banda de verán moi xeitosa e descubrimos o noso gran potencial artístico.


Desfrutando de Galeatro co seu “Entre becho anda o conto”



Rock e baile entre libros na Biblioteca ao Aire libre.
O pasado venres 22 de outubro contamos coa presenza da escritora María Canosa na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo
Canosa conta con máis de 50 obras publicadas e 10 premios literarios é , hoxe en día, un dos referentes da literatura galega actual. Con ela repasamos a interesante vida e obrade Emilia Pardo Bazán no ano que se cumpre o centenario da súa morte.
A actividade contou coa presenza dunhas 20 persoas que gozaron da exposición de María e que se implicaron no percorrido pola biografía de Pardo Bazán, unha das autoras galegas máis importantes.
O 21 de outubro celebramos o Dia das Bibliotecas (24 outubro) con dúas sesións de contacontos da man de Teatro Calavera titulado “Os contos da bruxa Chispum” e cun obradoiro posterior na que os rapaces elaboraron unha pócima fluorescente. Este contacontos foi posible grazas ao programa Ler conta moito.
Esta vez os nenos que asitiron foron nunha primeria sesión, nenos do CRA Amencer de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria e nunha segunda sesión, nenos de 4º de primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia.
Asi de ben o pasaron ambos grupos:



O 15 de outubro ás 10:30 h, nenos de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe de Ribadavia asistiron a un contacontos titulado “Contos do mundo” de Solidariade Internacional de Galicia, dentro do proxectos “Viaxa coa lectura” que estamos a facer ao longo deste ano e co cal levamos un dos premios Maria Moliner de fomento da lectura. O devandito contacontos foi posible grazas ao programa Ler conta moito.
Nel, os nenos aprenderon moitas cousas da cultura das antigas civilizacións sudamericanas, como aztecas, maias e incas, asi como lendas dos mesmos e a actividade que está levando a cabo a asociación de Solidaridade Internacional de Galicia nesas zonas.

O martes 19 de outubro a ratiña Faifá de Lonxedetodo veunos contar varios contos como “Turelí, Tureló” e “O Polo Pepe”, entre outros.
Combinando narración, bonecos e música deixou encantados a pequenos e grandes.

O pasado día 22 de outubro tivemos a oportunidade de pasar unha tarde moi agradable co can de terapia de EnCANTO (intervencións asistidas con animais) dentro da actividade de animación á lectura do libro Vivan as uñas de cores! de Alicia Costa e Luis Amavisca, que arrincou os sorrisos e afectos dos alí presentes.

Un conto imprescindible que nos fai cuestionar a maneira que temos de xulgar aos demais e o necesario que é deixar de banda os prexuízos.

Onte, sábado 23 de outubro ás 12:00 h, a compañía ‘A Xanela do Maxín, ofreceu o espectáculo de monicreques ‘U-la Lúa?’ nas Neves.
Interpretado fantasticamente por Celtia, que enganchou moi ben cos nenos e nenas que gozaron dunha obra marabillosa nunha mañá solleira de outubro.
Unha lindura!


Séguenos