Os zapatos pasaron por Salceda de Caselas
Caramuxo Teatro fixo gozar ás e aos máis cativos, e tamén aos seus pais e nais co seu espectáculo Zapatos, onde descubriron todas as historias que os zapatos de tódolos tamaños e cores levan dentro.

Caramuxo Teatro fixo gozar ás e aos máis cativos, e tamén aos seus pais e nais co seu espectáculo Zapatos, onde descubriron todas as historias que os zapatos de tódolos tamaños e cores levan dentro.

Bo días bloguer@s,
Onte tivemos a actuación de Paco Nogueiras co seu concerto Extra! baseado no seu libro-disco, o público pasouno en grande coas letras das cancións tan pegadizas e as bibliotecarias tamén, a nosa canción favorita foi “Bici, bicicleta”. Paco Nogueiras nunca defrauda e sempre pasámolo moi ben.



O pasado vernes 24 Trémola Teatro iluminou as caras dos cativ@s noieses co espectáculo BRILLA – BRILLA. A través da imaxe alumeada das artistas, @s cativ@s gozaron dun espectáculo sensorial onde descubriron a historia da estreliña Vela, que non aprendera aínda a brillar. Coa axuda da súa amiga Lyra e da presenza do público intentaron facela relucir… Podedes descubrir se o conseguiron mirando as imaxes!
O xoves 28 de setembro na Biblioteca de caión acollemos a ciencia en movemento co “Museo Cientifico”. Unha tarde chea de coñecemento, diversión e grandes descubrimentos para os máis pequenos pero tamén para os maiores.

O sábado 25 de setembro ás 18.00 h, visitaron o Auditorio Municipal de A Illa de Arousa, Josito Porto e Víctor Mosqueira dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia coa actuación titulada “Cartoóns”…

Un espectáculo cheo de humor, sensibilidade e sobre todo, moita reciclaxe para poder sobrevivir…

Unha actuación que fixo pasar unha tarde moi amena ós nenos, ás nenas e ás súas familias…
Moi recomendable!!!

Este luns 27 de setembro pasamos unha animada tarde co novo espectáculo musical de Paco Nogueiras “Extra!”,un orixinal concerto no que as diferentes seccións dun xornal serven de introdución para unha chea de cancións divertidas e moi, moi bailables.

deón e un piano.

Séguenos