Diagnosticando a igualdade na BPM do Milladoiro (Ames)
Este mércores pasado os nenos e as nenas do Milladorio escoitaron atentamente ao Dr. Tilla e os seus remedios para prantar cara a enfermidade causada polo virus do machismo.
Este mércores pasado os nenos e as nenas do Milladorio escoitaron atentamente ao Dr. Tilla e os seus remedios para prantar cara a enfermidade causada polo virus do machismo.
O pasado martes 29 gozamos co Dr. Tilla e os seus contos, a través dos que aprendimos a enfrentarnos á horrible enfermidade que causa o virus do machismo.
Os nenos da Gardería Municipal de Vilalba escoitaron encantados os contos e cancións de Charo Pita. Devezamos por tela de novo na biblioteca!



O carteiro chegou á bilblioteca para entregar cartas de Clementina, de Rosa Caramelo e da protagonista de Eu vou comigo. Mediante estes contos, usando monicreques e animais de papel, as crianzas comprobaron que hai que rexeitar as situacións inadecuadas para a convivencia ou coas que non estamos a gusto.
Seguimos có programa Ler conta moito 2019 na súa categoría de Igualdade e Violencia de Xénero coa visita de Aldaolado que nos trouxeron ” A ovella Engracia” a Allariz.
Esta vez disfrutaron as nenas e nenos de 6º de educación infantil, 1º e 2º de educación primaria do CEIP Padre Feijoo de Allariz.
Gozamos dun conto con música en directo , onde a voz e guitarra de Lucía Aldao nos fixeron soñar e a ovella Engracia ( Maria Lado) nos fixo botar unha morea de risas. Unha obra que transmite valores coma a igualdade e a confianza nas propias capacidades.
Encantadísimas de ter a este dúo de ovelliñas en Allariz.
Grazas ALDAOLADO e ata a próxima

Este xoves día 10 de outubro ás 18.30 horas, case 30 persoas entre adultos e crianzas achegarónse, da man de Miguel Cortés, á arte milenaria da papiroflexia. Partindo de simples cadrados de papel iremos dándolles forma ata chegar a facer figuras con e sen movemento coas que os pequenos e os non tan pequenos van poder xogar e deixar voar a súa imaxinación.
Todas as persoas participantes levaron as súas obras nunha caixiña como recordo.

Os nenos e nenas de Vila de Cruces desfrutaron no día de onte dun espectáculo teatral moi divertido . Os Quinquilláns espertaron ó interés de nen@s por saber a orixe do sal na auga do mar.
Rematando cunha expedición ós fondos mariños, levándose consigo a tódolos participantes ó exterior onde se atoparon cun cabaliño de mar, unha raia, un peixe de cores…..


Este xoves día 11 tivemos na Biblioteca Rego da Balsa a Olga Brañas, que nos ofreceu o seu espectáculo “Cinema e música con Buster Keaton”.
Nel, Olga acompañaba co seu piano un dos filmes máis coñecidos de Buster Keaton, Sherlock Jr., e resultou ser unha actividade do máis orixinal e inspiradora, ademais de facer unha gran labor de difusión das artes cinematográficas.
Os asistentes saíron moi satisfeitos do noso auditorio.

View this post on InstagramA post shared by Bibliotecas da Carballo (@bibliocarballo) on

A actividade desenvolveuse en tres momentos, unha parte expositiva na que mediante unha proxección se lles explica diferentes contidos científicos relacionados coa temática dos foguetes, un obradoiro no que construiron un foguete por grupo e un apoteósico final co lanzamento dos mesmos.


O Raposo Rufo foi o guía para instruir aos rapaces/zas nos contidos do coidado da natureza, reciclaxe e hábitos saudables. Unha pequena exposición seguida dun obradoiro nos que deseñaron os seus propios títeres. Moi amena e participativa.



Séguenos