



O luns, 1 de outubro, na ALM de Oubiña-Cambados tivemos a oportunidade de ver o espectáculo “Lobo Bobo” da compañía Elefante Elegante, unha divertida reinterpretación dos contos clásicos, chea de sorpresas, música e cor. Tódolos cativos e cativas pasaron un momento ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias. Os asistentes gozamos moito desta actividade.



Manuel Pombal e Suso, grandes profesionais do mundo da escena, comezan dramatizando todos os pasos da elaboración dunha película, de forma amena e divertida ata introducirnos no mundo da dobraxe e converter a biblioteca nun verdadeiro estudio.
Van mostrando a través de imaxes a importancia do son nun filme, dos diálogos e, como non, dos diálogos no propio idioma, que os poidamos entender.
Visualizamos escenas noutros idiomas, ou sen son,… ata que aparecen dobradas ao galego.
Tamén representan escenas en vivo que logo aparecen gravadas en imaxes…
Ao longo do obradoiro os propios participantes van gravando, dobrando ao galego, por grupos de tres, os diálogos escritos e divididos en “Takes”, as distintas “tomas” dun filme.
A actividade desenvolveuse con dous grupos de idade:
Un primeiro grupo para nenas e nenos entre 8 e 11 anos e un segundo grupo para xoves entre 12 e 16 anos.
Para o grupo de menor idade, foi a dobraxe dun trailer da serie de debuxos animados, Bob esponxa.
Para o grupo de maiores, un trailer da película Crepúsculo.
Actividade que resulta moi atractiva para os participantes ao tratarse dun obradoiro participativo e pouco frecuente.
Altamente recomendable para realizar na biblioteca.
O pasado venres 28 de setembro na bibliotca de Aldán, pasamos unha tarde do máis divertida coas viaxeiras de Trécola teatro,
facendo as ledicias de cativos e maiores, por certo, moi participativos durante todo o espectáculo.


O venres, 28 de setembro, tivemos a oportunidade de escoitar algunhas das nosas lendas: de piratas, de sereas, ….
A sesión resultou moi dinámica e entretida para todo o público, nenos/as e maiores. Para contalas , Esteban axudouse da técnica kamishibai e contou coa participación dos nenos e nenas .
Moitas grazas.

O pasado venres, para celebrar o día europeo das línguas, visitounos Raquel Queizás co seu espectáculo “Ruta propia”. Grandes e pequenos desfrutaron con esta recreación do mundo de María Victoria Moreno.

O sábado 29 tivemos na BPM de Boiro un obradoiro de Creatividade da man de Ciencia en Movemento.
Os nosos cativos tiveron que empregar toda a súa creatividade, imaxinación e lóxica para superar os misterios tales con tinta invisible, torres imposibles, buratos xigantes e moitos dilemas.
Pasámolo xenial!


A ratiña de biblioteca Lilí Gruyere veu visitarnos a bliblioteca de Riotorto para compartir con nos as historias que sua avoa lle ensinara: recordos, cancións, xogos…houbo de todo, moita emotividade pero tamén moita diversión.
Lilí Gruyere contounos historias, leunos dous libros, fixemos xogos coa participación de nenos/as e pais, teatralizou unha fermosa historia de dous velliños con monicreques e ata bailamos.
Pasamos unha grata tarde na compaña desta ratiña.

O venres, 28 de setembro, tivemos o pracer de recibir a Migallas teatro na biblioteca de Mera (Oleiros).
Migallas engaiolou ao seu público co espectáculo Canta connosco! desde o primeiro momento. Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida en familia na que os cativos e maiores cantamos, bailamos e sobre todo non paramos de rir.



Séguenos