Elefante Elegante visita a biblioteca das Pontes co seu Lobo Bobo

Onte venres 20 Elefante Elegante visitou As Pontes co seu contacontos Lobo Bobo. Os rapaces e rapazas pontesas pasarono estupendo cos seus contos

Onte venres 20 Elefante Elegante visitou As Pontes co seu contacontos Lobo Bobo. Os rapaces e rapazas pontesas pasarono estupendo cos seus contos
O xoves, 19 de xullo, Dani Viétez e Iria Iglesias, autores da colección de libros de O raposo Rufo, desenvolveron na Biblioteca Muncipal de Lugo un contacontos sobre o coidado de medio e a importancia da reciclaxe.

Entre as posibilidades de reciclaxe suxeriron a reutilización das caixas como teatriños para o que os nenos e nenas realizaron os seus propios monicreques.

Chegan a biblioteca 0s teixos, freixos, bidueiras, aciñeiras, buxos…, para contar as suas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos…., para plantar unha árbore que conte contos, en defensa do futuro. Había unha barca máxica para ir ao bosque dos contos e con eles a pastora de nubes, o señor escocés, a monitora irlandesa, o lobo número 1 e número 2, a pastora das ovellas, unha barqueirinha, etc. Anxo ensinou aos nenos moitos contos, cancións e viaxes polo mundo das árbores. Foi un percorrido máxico pola natureza e os seres marabillosos que a habitan.

Rematou o día da maxia cunha fantástica asistencia tanto no obradoiro da mañá como no espectáculo da noite. O mago Pedro Bugarín ensinou aos pequenos algúns trucos de maxia durante a mañá e xa pola noite presentou un espectáculo moi ameno para todas as idades
Este pasado mércores os nosos cativ@s desfrutaron dun divertido obradoiro para confeccionar as bolsas que despois empregaron para levar os libros en préstamo para a súa casa. Durante unha hora e media puxeron moito empeño e creatividade para que quedasen perfectas…


Na Axencia de Lectura do municipio pontevedrés de A Lama levouse a cabo a actividade: Construindo o noso libro ilustrado,. Foi realizada gracias ao Programa de dinamización da lectura Ler conta moito 2018 da Rede de bibliotecas da Xunta de Galicia e o acto asistiron rapaces entre 6 e 14 anos resultando de gran interese para todos eles.
Contos, xogos, propostas plásticas e música déronse a man para crear un obradoiro aberto a todo o público, onde ademáis de compartir historias e de recurrir á plástica foi necesaria a implicación dos asistentes para crear a nosa mellor sopa do mundo.

A editora OQO trouxo a Bóveda un obradoiro xenial.

Onte, 18 de xullo, tivemos na Biblioteca de Municipal de Abegondo a visita de Mamá Cabra coa súa actuación Contos para un mundo mellor. As rapazas e rapaces pasaron unha mañá moi entretida participando activamente nos contos que cantaba Mamá Cabra. Fixeron dende unha sopa moi especial con gominolas, teas de araña, etc ata pompas de xabón. Foi moi divertido!

O día 18 de xullo tivemos unha actividade moi solidaria, a cargo de Pablo, para concenciar aos rapaces da importancia da recollida de tapóns, e o seu us0 lúdico, facendo formas e xogando as carreiras nun circuito feito todo con tapóns. Pasáronlo xenial!!







Séguenos