Tropa de Trapo estivo na Biblioteca Pública de Moaña co seu espectáculo 4 monos
O venres 30 de maio tivemos a Tropa de Trapo na Biblioteca de Moaña. Tropa de Trapo esta formado por Marta Ortiz e Brais das Hortas e xuntos contaron e fixeron rir ao público asistente co seu espectáculo 4 monos.
Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo: os Tres Monos Sabios. Un mono non oía o que pasaba ao seu redor. Outro non quería ver o que tiña diante. E o último calaba a boca para non dicir todo o que pensaba.
Eles déronlle a volta, os seu monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar… e van ser catro!



















Séguenos