DADA O DUENDE NA BIBLIOTECA DE MUXÍA

O día 1 de setembro Dada o Duende visitou a Biblioteca de Muxía e contou contos aos máis pequechos da vila que se divertiron moito.

O día 1 de setembro Dada o Duende visitou a Biblioteca de Muxía e contou contos aos máis pequechos da vila que se divertiron moito.

A actuación de Mamá Cabra dentro da clausura do Campamento urbano da Baña foi todo un éxito. Gloria e Diego, compoñentes do grupo, conseguiron que o público se involucrase totalmente. As familias asistentes cantaron, bailaron individualmente, en parella e en roda, seguiron as coreografías… e aplaudiron a rabiar.
Día 1 de setembro de 2017 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Preparámonos para a volta ao cole con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
da man de Alba Bermúdez
o 1 de setembro, ás 12:00 na sala infantil
Mentres faciamos tempo para a hora, estivemos con Alba aprendendo cousas cun libro que non sabiamos que había na biblioteca: No tires de la cadena, secretos científicos sobre la caca y el pis nel descubrimos cousas que nunca imaxinamos que se puideran facer con esas dúas cousas.
Chegada a hora, comezamos averiguando os gustos dos participantes en canto á comida: se algún alimento non nos gusta, se temos alerxias ou intolerancias alimentarias, que é o que máis nos gusta na mesa e o que menos,…
Alba viña preparada para unha merendola de contos no campo cunha canasta cun mantel e chea de historias. Axudámoslle a poñer a mesa e a merendar contos:
Co de No quiero comer, aprendemos que coa axuda da nosa imaxinación podemos divertirnos mentres comemos aínda que sexan cousas que non nos gusten moito.
Co conto A vaca que puxo un ovo, aprendemos que poden ocorrer cousas incribles se o desexamos con forza e contamos con bos amigos.
O coelliño branco ensinounos que non hai que ser moi grande para vencer a un mangallón: abonda con ser máis listo porque o medo non debe deternos. 
C’O segredo de Flora, aprendemos unha canción para alonxar o mal humor e os comportamentos violentos.
E con Imos cazar un oso fomos de aventura con toda a familia.
Coma sempre, unha pequena selección de libros relacionados está exposta na Casiña dos ratos:

Na Casa dos Fraga en Cambados, os pasados martes 22 e 29 de agosto tivemos a gran sorte de contar cun Obradoiro de Libros, Imaxes e Curtametraxes da man de AUPA.
Grazas ao programa Ler conta moito, libros, imaxes, curtas inéditas,… encheron os recunchos da biblioteca con tormentas de ideas por parte dos nosos nenos e nenas conseguindo que se introducisen de cheo nun novo mundo visto dende outra perspectiva.
A actividade resultou todo un éxito que, de seguro, volveremos a repetir!







Este xoves as 19:00h recibimos a visita no salon de actos da Biblioteca Pública de Ponte Caldelas a visita de Manoele de Felisa, os cativos acompañados dos seus pais desfrutaron da poesía a través das interpretacións musicais do cantautor galego.

Este martes o salon de actos da biblioteca de Ponte Caldelas a acolleu a actividade de animación “ Catalina Lino Lina”, a cargo de Glub Glub Teatro, dentro do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia, co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis pequenos. Este espectáculo cheo de contos e moi animado fixo que tanto os nenos como os seus acompañantes disfrutaron moito desta actividade e que lles provocou infinidade de risos e aplaudiron durante toda a actividade como proba de que lles gustou moitísimo

Este luns, ás 19:00 horas visitounos Martín Camiña co seu espectáculo de maxia na biblioteca pública de Ponte Caldelas. Os asistentes quedaron encantados con esta actividade do máis divertida que consistiu nun espectáculo de maxia na que se intercalaba información sobre algunhas das obras de Carlos Casares.
Público asistente:
cativos: 26
adultos:15


O pasado venres visitounos o Mago Paco cunha maleta cargada de contos, xogos, trucos sorprendentes e moitísimo humor. Divermaxia é un espectáculo para público infantil e familiar, dinámico e interactivo, que combina maxia e narración oral. En Carnota somos superfans do Mago Paco!




O 17 de agosto @s nen@s de Riós participaron dunha actividade moi divertida na biblioteca municipal de Riós, co grupo Sarabela Teatro.


Séguenos