“Abracadabra!!”, maxia con Carlos Coira na Biblioteca P.M.”Manuel María” de Oleiros
“Abracadabra!!”, maxia con Carlos Coira na Biblioteca P.M.”Manuel María” de Oleiros
O día 16/10/2014 celebrouse “ÑAM ¡¡¡”, un obradoiro de ilustración de 60 minutos de duración dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos.
Neste obradoiro de ilustración os participantes empregaron alimentos; hortalizas, froitas, froitos secos, macarróns, etc, cos que ilustraron personaxes que eles mesmo imaxinaron, posteriormente sacamoslle unha foto xunto co nome do artista.

O mércores 15/10/2014 contamos na biblioteca con “Títeres nas mans” é un obradoiro no que pintamos na man personaxes imaxinados, os participantes deron vida coa manipulación e a voz a eses títeres. A rapazada xogou a contar pequenas historias inventadas polos eles mesmos.

O xoves 16 de outubro puidemos gozar na Biblioteca Central Rialeda dun espectáculo de maxia moi divertido e participativo. A “desaparación” e “aparición” dun billete, a corda que se tensa maxicamente grazas á enerxía do público, o can branco que se convirte en negro e outra vez se volve branco e outra negro… a auga que sae polo cóbado dun neno e pode encher un vaso… unha estupenda tarde para os nenos/as e os seus acompañantes.


Carlos cunha nova maga
Venres 10 de outubro. O espectáculo de Carlos Coira “Abrapalabra. Maxia e poesía” fixo a delicia de 120 rapaces e rapazas de educación primaria dos CEIP Maciñeira e San Isidro que se achegaron á Casa da Cultura para disfrutar do mesmo.
Dinámico, divertido e moi participativo. Carlos vai guiando as e os asistentes ao terreo da palabra, da poesía.

Onte o Carballo con botas, tras visitar en Cambados as axencias de lectura de Castrelo e Corvillón, fixo unha parada en Oubiña, para que os nenos desta parroquia coñecesen tamén a súa titiricleta e as curiosas historias que nela se contan. Os rapaces e pais que participaron puideron gozar dunha sesión moi divertida e chea de sorrisos… velaí van algunhas fotos que así o reflicten:
Hoxe xoves o Carballo con Botas despedirase na axencia de Vilariño, ata, esperemos, moi pronto!

O martes 14 de outubro estivo na nosa biblioteca Teatro Calavera co seu espectáculo “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”. Unha actuación moi divertida que escenificou a historia de amor entre o cociñeiro e a pasteleira , enmarcada nun magnífico decorado que encantou aos asistentes.
A sesión rematou cun obradoiro de decoración de pasteis con pasta fondant, no que nenas e nenos se convertiron en “virtuosos da repostería” por un día… Foi todo un luxo culinario!!!

O pasado mércores 8 de outubro chegou a Neda, da man da Asociación musical Musicreques, este estupendo espectáculo coa interpretación en directo ao piano de O Quebranoces de Tchaikovsky. As personaxes descubtirán a beleza da amizade, da lectura e da música.
Arredor de 60 nenos e nenas de infantil dos CEIP San Isidro e Maciñeira, disfrutaron cos monicreques, viviron as súas aventuras e aprenderon as familias de instrumentos.

un dos grupos asistentes

O día 14 de outubro, o público asistente á actividade (48 crianzas e 20 persoas adultas) viaxou a través de diversos contos á selva africana e ao bosque máis próximo, todo acompañado por cancións divertidas nas que a participación foi moi activa durante os 50 minutos de duración.
Onte, 14 de outubro, O Carballo con botas continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón. A súa axencia de lectura encheuse de pais e nenos que quixeron coñecer como é unha titiricleta e as historias que nela se contaron non defraudaron a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do mes das bibliotecas en Cambados…mañá será o turno da axencia de lectura de Oubiña…pero mentres ai van unhas fotos!


Séguenos